top of page

PREVIA X17 TERCEIRA | Noia Portus Apostoli FS “B” – ED Vigo 2015 FS | Seguir picando pedra

O Filial noiés afronta, este sábado 27 ás 16:30h no Mourís, o segundo partido da metade final do curso coa misión de sumar tres novos puntos.


Tras comezar a segunda metade da temporada coa mesma dinámica coa que rematou a primeira, o Noia Portus Apostoli FS “B” disputará o seu segundo partido desta volta o sábado 27 de xaneiro ás 16:30h no Municipal Agustín Mourís.


O conxunto noiés busca neste choque sumar a súa quinta vitoria consecutiva, consolidando así aínda máis o liderado. Actualmente, 6 puntos separan aos nosos do segundo posto, mentres que a zona de corte dos PlayOff atópase a 13 puntos de distancia. Na primeira volta, o Noia Portus Apostoli FS “B” conseguiu o triunfo a domicilio por 4-8.


O ED Vigo 2015 FS, pola súa parte, plántase ante un partido importante na sua loita polos PlayOff. Sétimo na clasificación, o club vigués segue buscando adentrarse neses postos de promoción, dos que agora mesmo lle separan 4 puntos. Os laranxas veñen dunha gran vitoria 7-3 como locais fronte ao Cidade de Narón o pasado 21 de xaneiro.


O bloque vigués é a seguinte parada nesta marabillosa viaxe pola que está a pasar o Filial esta temporada. O obxectivo desta fin de semana non é outro que continuar polo bo camiño, seguir sumando razóns para crer no soño final.


 

Árbitros

Lucía Couso Castro e Adrián González Paulo.


Precedentes

·10 de abril de 2021 | X18 Terceira División FS 2020/2021 | VIG 5-3 NPA “B”


·9 de xaneiro de 2022 | X15 Terceira División FS 2021/2022 | NPA “B” 2-0 VIG


·7 de maio de 2022 | X30 Terceira División FS 2021/2022 | VIG 6-0 NPA “B”


·7 de xaneiro de 2023 | X15 Terceira División FS 2022/2023 | VIG 5-3 NPA “B”


·4 de maio de 2023 | X30 Terceira División FS 2022/2023 | NPA “B” 5-5 VIG


·23 de setembro de 2023 | X2 Terceira División FS 2023/2024 | VIG 4-8 NPA “B”

bottom of page