PREVIA X16 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Exlabesa Leis Pontevedra FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | Volta a empezar
- Departamento prensa Noia PA FS

- 2 days ago
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS “B” dá arranque ao ano 2026 e á segunda metade de curso visitando ao líder do campionato, o Exlabesa Leis Pontevedra FS, este sábado 10 a partir das 17:00h no Municipal de Deportes pontevedrés.
Os de Chipi tiveron a oportunidade de resetear nestas festas de Nadal, despois dun último mes e medio complicado, no que só lograron sumar 2 puntos de 15 posibles. Esa xeira relegounos á 6ª praza con 24 unidades, montante co que se plantan nesta segunda volta para conseguir o obxectivo da permanencia.
Os do Lérez non queren baixar o ritmo
Teráo difícil o equipo filialista para romper esa dinámica na estrea do ano. O Exlabesa Leis Pontevedra FS terminou 2025 con tres triunfos seguidos, solidificando a súa condición de líder ata os 37 puntos, con 6 de diferenza sobre o seu máximo perseguidor, O Esteo FS. O conxunto amarelo conta nas súas filas con dous dos pistoleiros do campionato, Said e Iván Domínguez, ambos con 18 dianas.
Emisión en directo
O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de tiivii.gal.
Árbitros
Andrés Pinilla e Daniel López.
Precedentes
·29 de setembro de 2024 | X3 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 1-2 LEI
·25 de xaneiro de 2025 | X18 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | LEI 6-2 NPA “B”
·13 de setembro de 2025 | X1 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 1-8 LEI











Comments