Volta a comezar para o Filial, que inicia a metade final do curso visitando ao segundo equipo do Grupo Forma-t Vilalba FS, este sábado 20 ás 19:30h.
Despois de certificar unha primeira parte da temporada fantástica con 13 vitorias en 15 partidos, o Noia Portus Apostoli FS “B” inicia este sábado ás 19:30h a segunda volta no Municipal de Vilalba, enfrontándose ao Filial co conxunto verde, co obxectivo de manter a dinámica.
Os noieses atópanse no mellor momento da campaña en canto a termos de clasificación. Logo do triunfo ante Distrito Ventorrillo FS no duelo entre 1º e 2º, a vantaxe sobre a que se sitúan os de Daniel Ventoso no liderado é de 6 puntos, e coa zona de corte do PlayOff a distancia xa se estende a 14. Coa moral polas nubes, a meta neste segundo tramo é aproximarse o máis posible a eses espectaculares números para seguir soñando.
Nunha situación oposta está o Grupo Forma-t Vilalba FS “B”, no seu curso de debut na Terceira División FS. Cun partido pendente, os verdes son 14º con 9 puntos e non suman desde o pasado 11 de novembro. A súa mellor versión ata o momento viuse no seu feudo, onde lograron as dúas vitorias que posúen e puxeron en problemas ao Ribeira FS, terceiro na táboa. Para os vilalbeses, este será o primeiro encontro do ano, ao aprazarse o da semana pasada contra o Cidade de Narón.
Vilalba marca o comezo da segunda parte dunha, ata agora, viaxe soñada para o Filial noiés. A primeira metade do camiño finalizou cun excelente, case unha matrícula de honra, a que perseguirán desde este mesmo sábado co premio de achegar ese soño cada vez máis á realidade.
Árbitros
Eloy Bello Gómez e Sergio López Riveiros.
Precedentes
·17 de setembro de 2023 | X1 Terceira División FS 2023/2024 | NPA “B” 7-1 VIL “B”
Comments