top of page

PREVIA X15 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Redondela FS Rodavigo – Noia Portus Apostoli FS | Un partido pola Copa

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 1 hour ago
  • 2 min read
Venres, 30/01/2026 · 18:11h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses, líderes con 1 punto de diferenza, dependen de si mesmos para selar en Redondela (sáb. 31/01, 16:00h. TV: redondelaberta.gal) a clasificación á Copa de España Xuvenil FS.
Venres, 30/01/2026 · 18:11h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses, líderes con 1 punto de diferenza, dependen de si mesmos para selar en Redondela (sáb. 31/01, 16:00h. TV: redondelaberta.gal) a clasificación á Copa de España Xuvenil FS.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS alcanza o round definitivo pola Copa de España Xuvenil FS. Os brancos, que como líderes dependen de si mesmos, visitan ao Redondela FS Rodavigo este sábado 31 a partir das 16:00h na última xornada da primeira volta.


Tan só un rival lle pode arrebatar ese liderado que dá a clasificación copeira tras os primeiros 15 partidos do curso. Trátase do CD Inter Sala Adarsa Mercedes, que á mesma hora xogará na casa ante ADC Lugo Sala Acasti Reformas agardando un tropezo noiés para recurtar o punto que separa a ambos na táboa. Porque, efectivamente, a pelota está no tellado dun Portus Apostoli que non debe mirar a outros. O billete á segunda Copa consecutiva pasa por ser ese gran equipo desde o talento individual e colectivo que leva no máis alto na clasificación desde a xornada 4, e que vai a dalo todo por non abandonar esa condición no primeiro momento clave.


O Redondela FS Rodavigo, un dos ‘xuíces’ da Copa


A última barreira dos noieses na batalla pola Copa será o Redondela FS Rodavigo. Os redondeláns, rival que llelo puxo difícil a todos os equipos da zona alta da táboa, chegan a este duelo nunha xeira de catro partidos sumando -tres vitorias e un empate-, 6º con 22 puntos e a motivación extra que supón o poder decidir que conxunto do Grupo 1 accede á cita de Granada.



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de redondelaberta.gal.


Precedentes

·29 de outubro de 2023 | X7 Liga Galega Xuvenil FS 2023/2024 | RED 3-9 NPA


·9 de marzo de 2024 | X22 Liga Galega Xuvenil FS 2023/2024 | NPA 4-6 RED


·9 de novembro de 2024 | X9 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 8-3 RED


·6 de abril de 2025 | X24 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 20024/2025 | RED 2-10 NPA

Comments


bottom of page