top of page

PREVIA X15 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Grupo FORMA-T Vilalba FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | Esixente saída para pechar o ano


Xoves, 19/12/2024 · 19:00h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O Filial buscará este venres 20 ás 21:00h despedir o 2024 con tres puntos de prestixio.


Derradeiro partido do ano e da primeira volta para o Noia Portus Apostoli FS “B”, que abrirá a xornada 15 este venres 20 ás 21:00h na pista do Grupo FORMA-T Vilalba FS, colíder da categoría.


Os filialistas alcanzan este peche da metade inicial de curso coa confianza e a motivación que dan os resultados positivos. Con cinco triunfos nos últimos seis partidos, os de Guille Murillo están no seu momento máis álxido da temporada, e agardan aproveitalo para poñer a guinda ao 2024 cun triunfo ante un dos mellores equipos da Segunda División “B” FS.


Iso é o Grupo FORMA-T Vilalba FS, un gran plantel liderada por todo un Adri que nunca deixou de estar nos postos cabeceiros da táboa. Os vilalbeses son actualmente 2º con 34 puntos, os mesmos que o líder Piensos Durán Albense FS, nunha comprimida zona alta na que catro equipos están separados por tan só dúas unidades.


O 2024 pasará á historia do Noia Portus Apostoli FS “B” con letras de ouro por razóns obvias. Agora, os filialistas están ante a oportunidade de poñerlle un gran broche para entrar ao seguinte ano da mellor maneira posible.


 

Precedentes

·22 de maio de 2021 | 1/4 de final fase de ascenso a Segunda División “B” FS 2020/2021 – partido de ida | VIL 1-5 NPA “B”


·29 de maio de 2021 | 1/4 de final fase de ascenso a Segunda División “B” FS 2020/2021 – partido de volta | NPA “B” 1-4 VIL


·18 de decembro de 2021 | X14 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | VIL 12-1 NPA “B”


·1 de maio de 2022 | X29 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | NPA “B” 0-10 VIL

Comments


bottom of page