PREVIA X14 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – CD Intersala Zamora Euronics Caja Rural | Último do 2024 na casa
- Departamento prensa Noia PA FS
- Dec 13, 2024
- 1 min read

Venres, 13/12/2024 · 17:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O Filial noiés despedirá o ano no seu feudo este domingo 15 ás 12:30h con outro duelo directo, na penúltima xornada da primeira volta ligueira.
O Noia Portus Apostoli FS “B” pecha a tea do Agustín Mourís neste 2024 recibindo ao CD Intersala Zamora – Euronics Caja Rural, do que só lle separa 1 posto e 1 punto, este domingo 15 ás 12:30h.
A gran xeira de catro triunfos consecutivos do Filial chegou ao seu fin a pasada xornada en Salamanca, cunha derrota pola mínima nos últimos minutos que fixo retroceder unha praza na táboa aos noieses, que quererán deixar atrás canto antes ese resultado adverso para continuar terminando o ano máis preto do PlayOff que da zona de perigo e liderando o pelotón de 6 equipos separados por apenas 3 puntos.
Precisamente chega esta fin de semana ao Mourís un deses conxuntos, de feito, o máximo perseguidor. Se o Filial é 6º con 20 puntos, o CD Intersala Zamora é 7º con 19 unidades. Os zamoranos son o equipo máis en forma das últimas tres xornadas, acumulando tres vitorias consecutivas, dinámica que intentarán prolongar en Noia.
Case 8 meses despois de lograr o histórico ascenso no parqué del Mourís, os rapaces de Guille Murillo buscan apoiarse unha última vez no seu feudo neste 2024 para seguir aumentando a súa boa nota no desafío da Segunda División “B” FS a lume vivo.
Árbitros
Olivier Cardero Rodríguez e Jorge Otero Mira.
Precedentes
Será o primeiro enfrontamento entre ambos conxuntos.
Comentários