Xoves, 05/12/2024 · 19:05h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Guille Murillo visitan terras salmantinas este venres 6 ás 17:00h con ansias de seguir en dinámica gañadora.
O Filial quere continuar a escalada na clasificación do Grupo I da Segunda División “B” FS o festivo venres 6 ás 17:00h, no desprazamento ao Pavillón La Alamedilla do FS Salamanca Dehesa Grande, rival co que está igualado a 20 puntos.
ADAMO Xove FS, Sibuscascoche Ribeira FS, Racing de Mieres FS e Juventud del Círculo Católico. Estas foron as vítimas da formidable racha de catro triunfos consecutivos na que se atopan os noieses, que pasaron de ver máis preto os postos de PlayOff á zona vermella (8 puntos a 10). Unha situación moito máis agradable e que, con tres partidos para pechar o ano, buscarán asentar nun novo duelo directo.
20 puntos, 6 vitorias, 2 empates e 4 derrotas. Números que comparten salmantinos e noieses, nos que os de Guille Murillo se levan a este momento a palma na posición clasificatoria pola diferenza de goles xeral. Para darlle a volta, o FS Salamanca tirará da súa fortaleza como local, condición na que só deixaron escapar 3 puntos.
Día pouco habitual, a domicilio nunha cancha case inexpugnable e, ademais, en xornada festiva. A tarefa da quinta consecutiva será complexa para un Noia Portus Apostoli FS “B” que, con esta, non só podería seguir indo cara arriba, senón tamén dar un golpe na mesa en Salamanca.
Precedentes
Será el primer enfrentamiento entre ambos equipos.
Árbitros
Juan Haedo Gago y Adrián Rodríguez Fernández, del comité castellano-leonés.
Comments