top of page

PREVIA X13 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | 5 Coruña FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | Esixente saída a A Coruña

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 1 day ago
  • 2 min read
Venres, 05/12/2025 · 17:09h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas visitan a un rival con varios vellos coñecidos (sáb. 06/12, 18:30h. TV: YouTube 5 Coruña FS) e a vitoria na mente.
Venres, 05/12/2025 · 17:09h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas visitan a un rival con varios vellos coñecidos (sáb. 06/12, 18:30h. TV: YouTube 5 Coruña FS) e a vitoria na mente.

O Noia Portus Apostoli FS “B” desprázase este sábado 6 ás 18:30h á cidade herculina, onde se enfrontará ao 5 Coruña FS pola 13ª xornada ligueira do Grupo 1 da Segunda División “B” FS.


O equipo de Chipi alcanza este duelo, antepenúltimo da primeira volta, na 2ª praza da táboa con 23 puntos. Unha condición que tratarán de defender, ante a ameaza de ata cinco conxuntos que se sitúan a tres ou menos unidades. Así se apretou a clasificación despois dunha pasada xornada na que os noieses, a pesar do seu bo facer, acabaron cedendo na casa ante o Grupo FORMA-T Vilalba FS, nunha derrota que queren deixar atrás o antes posible.


5 Coruña FS, debutante con caras coñecidas


Se o curso pasado fixo a súa estrea na categoría o Filial branco, este tócalle a outro cadro galego como o 5 Coruña FS. Os coruñeses, que contan nas súas filas con tres ex xogadores do Portus Apostoli “B” en Gandoy, Álex López e Lukas, están actualmente 12º con 15 puntos, un sobre a zona de descenso, despois de recuperarse dun inicio negativo. Unha vitoria podería aupalos cara a zona media-alta da clasificación.



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo e gratis a través da canle de YouTube del 5 Coruña FS.


Árbitros

Adrián García e Sergio López Ramudo.


Precedentes

·26 de outubro de 2019 | X7 Preferente Autonómica – Grupo Norte 2019/2020 | 5CO 4-3 NPA “B”


·3 de outubro de 2021 | X3 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | 5CO 7-4 NPA “B”


·14 de febreiro de 2022 | X18 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | NPA “B” 3-3 5CO


·2 de outubro de 2022 | X3 Terceira División FS – Grupo 8 2022/2023 | NPA “B” 3-2 5CO


·29 de xaneiro de 2023 | X18 Terceira División FS – Grupo 8 2022/2023 | 5CO 3-1 NPA “B”


·29 de outubro de 2023 | X7 Terceira División FS – Grupo 8 2023/2024 | NPA “B” 3-0 5CO


·3 de marzo de 2024 | X22 Terceira División FS – Grupo 8 2023/2024 | 5CO 7-4 NPA “B”

Comments


bottom of page