Venres, 29/11/2024 · 16:50h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O Filial volve a casa tras dúas semanas xogando como visitante, coa misión de lograr o cuarto triunfo consecutivo.
Que non pare o ritmo. Iso é o que desexa o Noia Portus Apostoli FS “B”, que alcanza a 12ª xornada da Segunda División “B” FS coa opción de lograr a súa cuarta vitoria seguida, na visita ao Mourís do CD Juventud del Círculo Católico este domingo 1 ás 12:30h.
Os de Guille Murillo regresan a casa tras dúas xornadas consecutivas actuando como visitantes nas que lograron dar prolongación ao seu bo momento. Ao igual que nos anteriores encontros, o Filial enfrontarase a un rival directo, contra os que apenas fallou ata o momento e dos que quere seguir sacando puntos para mirar cara arriba na táboa.
É o caso do CD Juventud del Círculo Católico. O conxunto burgalés é 13º con 10 puntos e buscará en terreo noiés unha reacción en forma de vitoria que lle faga coller aire, tras caer nos seus dous últimos compromisos contra ADAMO Xove FS e Sibuscascoche Ribeira FS.
Empeza decembro, outro modo de dicir que a primeira volta comeza a tocar ao seu fin para un Filial centrado en alcanzar o parón de Nadal na mellor situación clasificatoria posible, e para iso só vale prolongar o compás que veñen seguindo.
Precedentes
Será o primeiro enfrontamento entre ambos equipos.
Comentarios