top of page

PREVIA X12 TERCEIRA | Ribeira FS-Noia Portus Apostoli FS “B” | Reaccionar rápido

Despois de sufrir a primeira derrota da temporada, o cadro filialista quererá erguerse sen perder tempo este sábado 2 ás 20:00h, coa visita a outro dos rivais máis perigosos da categoría.


O Noia Portus Apostoli FS “B” quere esquecer canto antes a primeira derrota do curso volvendo ás formas gañadoras este sábado 2 de decembro ás 20:00h no Municipal dos Deportes de Lugo, onde visitará ao cuarto clasificado e outro dos conxuntos máis a ter en conta na zona alta, o Ribeira FS na 12ª xornada da Terceira División FS.


Nalgún momento tiña que chegar, e chegou a pasada fin de semana. Máis lamento que o perder en si produciu a forma, nun encontro no que os noieses dominaron ao seu rival, o Outeiro de Rei SD, máis eficaz nas súas ocasións, incluso logrando un resultado avultado e enganoso. Xa sen esa “presión” engadida de manter a espectacular xeira, pero coa ambición de manterse no máis alto, o Portus Apostoli “B” céntrase en non despistarse neste tramo final de 2023, ao que lle quedan 3 partidos, e para iso cómpre seguir gañando, cun Distrito Ventorrillo FS que pisa os talóns.


Non é o Ribeira FS un dos opoñentes máis propicios para pasar páxina, polo menos a priori. Os da provincia de Lugo regresan este curso á Terceira División FS tras un periplo pola Segunda División B, o que os converte automaticamente nun equipo chamado a estar loitando pola zona alta. Porén, o seu inicio de curso está a ser algo errático. 4º con 19 puntos cun partido menos, os azuis están nunha postura similar ao Outeiro hai unha semana, coa opción de superar ao líder para comprimir os primeiros postos e achegarse. No seu anterior encontro, o Ribeira FS gañou na pista do Cidade de Narón por 2-3.


Que o do pasado domingo quede en anécdota, nunha mala tarde illada. Iso tentará demostrar o Filial este sábado en Lugo, onde para gañar terá que sacar a alma do campión que quere ser.


 

Árbitros

Franco Álvaro Campagnoli e Nicolás Villegas Sordo.


Precedentes

Non existen precedentes de enfrontamentos entre ambos equipos.

Commentaires


bottom of page