top of page

PREVIA X11 TERCEIRA | Noia Portus Apostoli FS “B”-Outeiro de Rei SD | Duelo polas alturas

O Filial noiés, líder invicto da categoría, recibe ao terceiro clasificado, coa opción de ampliar a súa vantaxe na táboa, este domingo 26 a partir das 18:15h.


Tras o 10/10, o Noia Portus Apostoli FS “B” buscará este domingo 26 ás 18:15h o 11/11, nun dos mellores partidos que se pode ver actualmente nesta Terceira División FS, segundo di a clasificación, ao ser duelo de líder contra terceiro entre os noieses e o Outeiro de Rei SD.


Imposible chegar mellor no seo do vestiario branco. Co novo golpe na mesa a semana pasada en Pazos, os dirixidos por David Palmas colocaron o significativo 30 de 30 en puntos posibles e mantiveron os 6 de vantaxe sobre o Distrito Ventorrillo, iso si, cos coruñeses cun partido pendente. Aí reside a razón pola que os noieses son conscientes de que, a pesar da excepcionalidade desta xeira marabillosa, non poden quitar o pé do acelerador nesta recta final de ano.


Enfronte estará este domingo un Outeiro de Rei SD en dinámica totalmente oposta a estas alturas con respecto ao curso pasado. Dunha salvación lograda grazas a unha segunda volta fantástica, a un inicio moi meritorio que os sitúa 3º con 6 vitorias e 20 puntos. As súas opcións de comprimir esa zona alta da táboa e meterse na pugna polo liderado pasan, en boa parte, por sacar os tres puntos do Mourís e converterse no primeiro equipo que lle saca botín aos brancos. No seu derradeiro compromiso, os da provincia de Lugo superaron ao Cidade de Narón por 5-3.


Espectáculo do bo, por tanto, para pechar unha xornada dominical de fútbol sala no Agustín Mourís, á que se unen os partidos previos da Escola Deportiva. O obxectivo, que ese show arredor do noso deporte se - por 11ª vez con sorriso para os filialistas.


 

Árbitros

Roberto Pérez Giráldez e Alejandro Rodríguez Travieso.


Precedentes

·30 de outubro de 2022 | X7 Terceira División FS 2022/2023 | OUT 3-7 NPA “B”


·4 de marzo de 2023 | X22 Terceira División FS 2022/2023 | NPA “B” 4-5 OUT


bottom of page