top of page

PREVIA X10 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – CD Valladolid Sport Sala | Seguir abrindo fenda no último na casa de 2025

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 5 days ago
  • 1 min read
Venres, 12/12/2025 · 23:23h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso din adeus ao Mourís ata o ano que vén ante un rival que lles esixirá ao máximo (dom. 14/12, 12:30h).
Venres, 12/12/2025 · 23:23h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso din adeus ao Mourís ata o ano que vén ante un rival que lles esixirá ao máximo (dom. 14/12, 12:30h).

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS disputa o seu último encontro como local do 2025 este domingo 14 ás 12:30h, recibindo ao CD Valladolid Sport Sala na 10ª data do campionato ligueiro.


A primeira volta encara a súa recta final no Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, na que os noieses lideran con 2 puntos de diferenza sobre o seu máis inmediato perseguidor, o CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo. Unha vantaxe que os de Pablo Cardoso aspiran a, polo menos, manter para continuar como máximo favorito a repetir presenza na Copa de España Xuvenil FS.


Ante un sempre complexo CD Valladolid Sport Sala


Para iso, terán que superar a un CD Valladolid Sport Sala que, nos enfrontamentos directos, demostrou o curso pasado ser un rival incómodo e neste promete máis do mesmo. 5º con 16 puntos, unha vitoria faría que os valisoletanos se asomen á zona nobre da clasificación.



Precedentes

·17 de novembro de 2024 | X10 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | VSS 2-4 NPA


·18 de abril de 2025 | X25 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 4-3 VSS

Comments


bottom of page