top of page

PREVIA X10 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Sibuscascoche Ribeira FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | A iniciar unha dinámica positiva


Venres, 15/11/2024 · 17:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Guille Murillo visitan a un rival directo este domingo 17 ás 13:00h, coa pretensión de dar continuidade ao triunfo da pasada xornada.


Tras poñer fin á mala xeira a pasada fin de semana, o Filial noiés buscará manterse no bo sendeiro na súa viaxe a Lugo para enfrontarse este domingo 17 ás 13:00h ao Sibuscascoche Ribeira FS no Municipal de Deportes de Lugo.


Coa vitoria por 7-3 na visita do ADAMO Xove FS ao Mourís, o Noia Portus Apostoli FS “B” non só gañou tres puntos, senon que tamén borrou boa parte das dúbidas que puideron xerar os resultados anteriores. Sobre iso tentarán construír os filialistas a partir de agora, nun período da competición no que se medirá ante conxuntos máis próximos na táboa, empezando polo Sibuscascoche Ribeira FS.


14º con 3 puntos e aínda sen coñecer o triunfo, os de Ribeira de Piquín non iniciaron o seu regreso á categoría de bronce como desexarían. Co plus que supón xogar na casa e tras conseguir avanzar aos cuartos de final da XXXIII Copa Galicia este pasado xoves, os azuis acudirán coa moral polas nubes para intentar romper o saco repetindo a vitoria lograda ante os nosos o curso pasado en territorio lucense.


Na segunda volta a historia foi distinta, co Filial levando o gato á auga. Aquilo foi o paso final do merecido título de Terceira e o ascenso a Segunda División “B” FS. Neste caso, a meta dos noieses será a de gañar e continuar dando máis pasos, pero de asentamento na categoría.


 

Precedentes

·2 de decembro de 2023 | X12 Terceira División FS – Grupo VIII 2023/2024 | RIB 3-2 NPA “B”


·20 de abril de 2024 | X27 Terceira División FS – Grupo VIII 2023/2024 | NPA “B” 2-0 RIB



Yorumlar


bottom of page