PREVIA SEMIFINAL XXXIV COPA GALICIA FS | Grupo FORMA-T Vilalba FS - Noia Portus Apostoli FS | A por outra final
- 1 hour ago
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS muda o chip. En semana de parón na Primeira División FS pola disputa da Copa de España FS, os de David Palmas desprázanse este mércores 18 a Vilalba, onde se enfrontarán ás 21:00h ao Grupo FORMA-T Vilalba FS na semifinal da XXXIV Copa Galicia FS, competición na que buscan a súa sexta final consecutiva.
Co ligueiro cumprido o pasado sábado, o Portus Apostoli reinicia o segundo dos seus obxectivos do curso no torneo autonómico. A comezos de decembro, os brancos selaron a súa clasificación á semifinal superando ao O Esteo FS (0-6), e agora perseguen unha nova final que lles permita loitar en menos dun mes en Pontevedra por facer historia e sumar o seu quinto título galego seguido.

Montero, Leozin, Diego Fávero, Douglas e David Pazos serán baixa no bloque noiés, que si poderá contar con Macedo para esta cita. Ao igual que no duelo de cuartos de final, a convocatoria pecharase con algún que outro nome do Filial.
Por segundo ano seguido, ante Grupo FORMA-T Vilalba FS
O Grupo FORMA-T Vilalba FS plantouse na penúltima rolda despois de desfacerse, nun largo camiño iniciado en setembro, de I. M. Galical Rábade FS (1-5), Sibuscascoche Ribeira FS (1-2) e, de maneira sorprendente, do CD Burela FS (2-2, 6-5 a penaltis). O equipo da Terra Chá compite no Grupo 1 da Segunda División “B” FS, onde ocupa o 12º lugar con 34 puntos, coa derrota (5-6) ante o Deportivo Laviana FS o pasado sábado como último resultado. O cadro verde non é un descoñecido para os noieses, xa non só por compartir categoría co Filial, senon tamén porque ambos xa se viron as caras na pasada edición da Copa Galicia FS. Iago Fariñas, con 17 dianas, é o máximo goleador nun plantel no que destacan principalmente Kevin Chis e Isma, dous xogadores con ampla experiencia entre Primeira e Segunda.
Declaracións previas
O desprazamento
A expedición noiesa poñerá rumbo ao Municipal de Vilalba en bus o mércores ás 17:30h.
Árbitros
Daniel López López e Roberto Segundo Amor Vizoso.
Precedentes (balance oficial: 3V-0E-0D)
·18 de setembro de 2012 | X2 fase de grupos Copa Galicia FS 2012/2013 | VIL 2-4 NPA
·31 de outubro de 2017 | 1/8 de final Copa Galicia FS 2017/2018 | VIL 0-2 NPA
·10 de decembro de 2024 | 1/4 de final Copa Galicia FS 2024/2025 | VIL 0-6 NPA





Comments