PREVIA IX TROFEO PORTUS APOSTOLI | Que arranque a festa!
- 3 hours ago
- 3 min read

Noia xa está preparada para as festas patronais de San Bartolomeu... e para a festa do fútbol sala no Municipal Agustín Mourís! O IX Trofeo Portus Apostoli reunirá durante dous días e en catro partidazos ao Club anfitrión xunto a O Parrulo Ferrol FS, Illes Balears Palma Futsal e a Selección Nacional de Indonesia, nun torneo de altísimo nivel que poñerá as miradas de todos na Vila.
Para o cadro de David Palmas será a cita máis especial deste verán. A presentación fronte á súa afección de cara a unha nova temporada chea de retos e ilusión. Ademais, supoñerán dúas probas de entidade para continuar examinando o traballo destas tres semanas de pretemporada. Prolongar as sensacións positivas do primeiro test, o do pasado sábado ante ADCR Caxinas en Redondela, é o obxectivo.

O Parrulo e Illes Balears Palma Futsal rompen hostilidades, despois o duelo noiés ante Indonesia
Ferroláns e baleares serán os encargados de inaugurar este IX Trofeo Portus Apostoli o venres 21 ás 18:15h. Os de Gerard Casas disputaron dous amistosos ata a data (vitoria 3-5 ante Indonesia e derrota 1-5 contra SC Braga), ao igual que os de Antonio Vadillo (4-4 fronte a Sporting CP e 1-6 no choque con Indonesia), e aseguran un gran espectáculo de nivel Liga Prime Futsal para dar comezo á finde.
A continuación, ás 20:45h, será o turno do Noia ante a Selección Nacional de Indonesia. O combinado asiático, dirixido polo galego Héctor Souto, atópase nun histórico tour por Galicia, iniciado a pasada semana en Chantada, onde se enfrontaron, precisamente, aos outros dous participantes deste torneo. Os Garuda, unha das seleccións e países emerxentes no panorama do fútbol sala, veñen de proclamarse subcampións de Asia, caendo na final contra a dominadora Irán a penaltis, e teñen como meta a clasificación á vindeira Copa Mundial de 2028.
Declaracións previas
Horarios dos partidos
·Venres 21 de agosto
-O Parrulo Ferrol FS vs Illes Balears Palma Futsal · 18:15h
-Noia Portus Apostoli FS vs Selección Nacional de Indonesia · 20:45h
·Sábado 22 de agosto
-Terceiro e cuarto posto · 18:15h
-Final · 20:45h
En caso de empate ao finalizar os 40 minutos regulamentarios, disputarase unha quenda de penaltis para decidir ao equipo gañador.
Venda de entradas
As entradas do IX Trofeo Portus Apostoli están dispoñibles en dúas modalidades distintas: entrada de partido e pack diario. Por outra parte, o Club lembra que, tal e como está reflectido nas bases e condicións da campaña de abonados, o abono da temporada 2026/2027 NON inclúe o IX Trofeo Portus Apostoli, a excepción dos Sentimento.
·ABONADOS SENTIMENTO
GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
Lembramos a todos os abonados Sentimento que non vaian a asistir a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedimiento pódese levar a cabo tanto na plataforma online noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”, como no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) no seu horario de apertura, luns, mércores e venres en horario de 12:00h a 13:00h.
·ENTRADA DE PARTIDO
-XERAL (+16 anos): 10€
-MOZO (-16 anos): 5€
·ENTRADA PACK DIARIO (inclúe os dous partidos do día)
-XERAL (+16 anos): 15€
-MOZO (-16 anos): 8€
Ao momento da entrada ao Municipal, revisarase a idade de todas as persoas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).
Prégase aos asistentes ao IX Trofeo Portus Apostoli a abandonar o pavillón entre cada partido de ambos días para o correcto desenvolvemento do rexistro de entradas.
·As entradas están á venda na plataforma noiafs.compralaentrada.com/eventos.
·Tamén podes facerte coa túa entrada no Local Social del Club (rúa Carcasía, 7. Noia), o venres en horario de 12:00h a 13:00h.
·Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o venres e o sábado poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís.





Comments