top of page

PREVIA AMISTOSO PRETEMPORADA | Noia Portus Apostoli FS vs ADCR Caxinas | Primeiro ‘test do algodón’

Aug 14
2 min read
Venres, 14/08/2026 · 16:36h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos estréanse en compromiso amistoso (sáb. 15/08, 19:00h) en Redondela ante o cadro luso.
Venres, 14/08/2026 · 16:36h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos estréanse en compromiso amistoso (sáb. 15/08, 19:00h) en Redondela ante o cadro luso.

O Noia Portus Apostoli FS 2026/2027 segue dando pasos na súa preparación de cara á nova temporada. Para finalizar a segunda semana de traballo, o equipo noiés enfrontarase ao ADCR Caxinas e Poça da Barca portugués este sábado 15 ás 19:00h no Pavillón A Marisma de Redondela.


Cun total de 16 sesións completadas plantarase o equipo de David Palmas na pista neutral redondelá. Unha base de conceptos técnico-tácticos e adecuación física que se poñerán a avaliación nun moi útil primeiro exame para valorar progresos e aspectos sobre os que incidir. Ademais de Peixe e Leozin, non poderán formar parte deste test Montero, Ismael e Oliver Chenel. O resto do plantel estarán a disposición, incluídos os metas do Filial que están facendo a pretemporada, Cristian e Mosquera.


Con ganas de volver a competir | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Con ganas de volver a competir | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Falta menos dun mes para iniciar a quinta campaña consecutiva na elite do fútbol sala nacional. Unha espera que, con estas probas amistosas que se inauguran o sábado, farase menos dura e eterna para unha parroquia noiesa cun enorme ‘mono’ de volver a vivir a tolemia xunto ao seu equipo.


Un duelo xa tradicional do verán ante o ADCR Caxinas


Outro enfrontamento entre noieses e caxineiros, que xa se está convertendo en tradición. A veda abriuse o verán de 2023 e esta será a quinta vez que ambos cadros se vexan as caras, ata a data sempre con vitoria do Portus Apostoli. Ao igual que nas anteriores catro, os brancos se toparán cun rival siempre intenso, mozo e con ganas de demostrar. Hai un ex do ADCR Caxinas no plantel noiés. Trátase de Juampi Cuello, quen xogou na disciplina lusa na temporada 24/25. O arxentino pode realizar o seu debut co Noia neste choque, como Di Fanti, Dani Colón, Charly e Mykytiuk.



Declaracións previas


O desprazamento

A expedición noiesa desprazarase a Redondela en autobús ás 16:15h, con horario previsto de chegada ás 17:30h.


Venda de entradas

Entrada xeral (maior de 12 anos): 8€

Menores de 12 anos: gratis


O Redondela FS é o club organizador do encontro. As entradas só se poden adquirir de maneira presencial no Pavillón A Marisma de Redondela o mesmo día do partido.


Emisión en directo

O partido non será emitido en directo por ningunha plataforma.


Precedentes

·22 de agosto de 2023 | Partido amistoso | CAX 0-2 NPA


·31 de xaneiro de 2024 | Partido amistoso | CAX 1-4 NPA


·14 de setembro de 2024 | Partido amistoso | CAX 1-4 NPA


·12 de agosto de 2025 | Partido amistoso | NPA 4-0 CAX

Comments


bottom of page