
Venres, 04/10/2024 · 16:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | A unha semana de dar inicio á competición, os noieses pecharán a pretemporada visitando ao potente SC Braga este sábado 5 ás 18:00, hora local.
A pretemporada toca ao seu fin, e faino cun duelo de enorme esixencia e apropiado para a conclusión. O Noia Portus Apostoli FS visita ao SC Braga, actual campión da Taça de Portugal, subcampión de Liga Placard e equipo Champions, este sábado 5 ás 18:00 hora local no AMCO Arena.
Os noieses visitarán Braga por quinta vez na súa historia. Cinco anos distan da primeira, en agosto de 2019, período no que ambos clubes experimentaron un crecemento notable. Naquela ocasión, os brancos preparaban o seu terceiro curso en Segunda. Este sábado, ultiman detalles para a terceira campaña consecutiva na elite de Primeira División FS, a tan só 7 días do agardado debut no Agustín Mourís fronte ao ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra FS. Contra os lusos terá o Portus Apostoli a oportunidade de levar a cabo os experimentos finais, testándose por terceiro encontro consecutivo ante un rival de UEFA Futsal Champions League.
Os bracarenses afrontan a temporada máis ilusionante da súa historia, coa ambición de seguir polo bo camiño construído o curso pasado, no que conquistaron o seu primeiro título nacional e clasificaron por segunda vez á mellor competición continental. Para os de Joel Rocha este será o partido de presentación ante o seu público no AMCO Arena, despois de realizar un bo papel no Torneo Ciudad de Guadalajara, no Mucho Más de Valdepeñas e o Trofeo del Olivo de Jaén, saíndo gañadores destes dous últimos. Os Gverreiros contan entre o seu plantel con internacionais portugueses como Tiago Brito e Fábio Cecílio, ambos campión do Mundo e de Europa de seleccións, así como outros xogadores de renome da talla de Tiago Correia, Hugo Neves ou Rafa Henmi.
A temporada oficial xa está a punto de presentarse ante todos nós, despois de sete largas e traballadas semanas de preparación que concluirán en Braga, a última prueba previa a comezar a terceira viaxe do Noia Portus Apostoli FS entre os mellores equipos da mellor Liga do Mundo.
O desprazamento
A expedición noiesa poñerá rumbo a Braga ás 15:00h. Tras o duelo, regreso a Noia.
Venda de entradas
Entrada gratuíta.
Emisión en directo
O partido non será emitido en directo por ningunha plataforma.
Precedentes (partidos amistosos)
·23 de agosto de 2019 | Amistoso | SCB 3-6 NPA
·29 de agosto de 2021 | IV Trofeo Portus Apostoli | NPA 2-2 SCB
·3 de setembro de 2021 | Amistoso | SCB 1-2 NPA
·31 de agosto de 2022 | Amistoso | SCB 2-3 NPA
·15 de agosto de 2023 | Amistoso | SCB 4-2 NPA
·19 de agosto de 2023 | Amistoso | NPA 1-2 SCB
Commentaires