top of page

PREVIA AMISTOSO DE PRETEMPORADA | Noia Portus Apostoli FS – SC Braga | Penúltima proba

  • 2 hours ago
  • 2 min read
Xoves, 27/08/2026 · 16:31h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses sumérxense na fase final da posta a punto (vie. 28/08, 20:30h) cun novo test, esta vez en Sanxenxo.
Xoves, 27/08/2026 · 16:31h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses sumérxense na fase final da posta a punto (vie. 28/08, 20:30h) cun novo test, esta vez en Sanxenxo.

O Noia Portus Apostoli FS disputa este venres 28 ás 20:30h no Municipal de Baltar (Sanxenxo) un novo amistoso de pretemporada. Será o penúltimo, a dúas semanas de iniciar a Liga Prime Futsal 2026/2027, e verase as caras cun rival de altura como é o SC Braga.


Última fase das preparacións para os brancos, que ata o momento disputaron tres amistosos. Os dous últimos, a pasada fin de semana no IX Trofeo Portus Apostoli, unha cita da que non acabaron con boas sensacións tras a ampla derrota na final contra Illes Balears Palma Futsal.


A competición, cada vez máis preto | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A competición, cada vez máis preto | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Nesas, os de David Palmas tratarán de aproveitar a oportunidade para recobrar o feeling positivo, ademais de continuar subindo o ritmo e a esixencia ante o cada vez máis próximo debut ligueiro.


O SC Braga, proba de toque anual


Desde 2019 ata hoxe, só houbo unha pretemporada na que noieses e bracarenses non se citaran. Este será o noveno enfrontamento, o que dá máis argumentos a constituír este duelo como un xa tradicional do verán. E é que o Portus Apostoli atópase no SC Braga a un opoñente de moito nivel, ademais de competitividade. Non en balde, trátase dun dos conxuntos punteiros de Portugal, que acumula dous trofeos recentes entre a tiranía de Benfica e Sporting CP. Nesta pretemporada, o SC Braga xogou ante O Parrulo Ferrol FS, ao que superou en A Malata por un 1-5, e ao ADC Nogueiró e Tenões. No plantel do cadro de Joel Rocha figuran xogadores destacados como Claudino, Daniel Airoso, Tiago Brito, Willian Carioca ou Tiago Sousa, entre outros.



Declaracións previas


O desprazamento

A expedición noiesa desprazarase a Sanxenxo en autobús a partir das 17:30h.


Venda de entradas

A entrada ao partido será gratis para todo o público.


Emisión en directo

O partido non será emitido en directo por ningunha plataforma.


Precedentes (3V-3E-2D)

·23 de agosto de 2019 | Amistoso | SCB 3-6 NPA


·29 de agosto de 2021 | IV Trofeo Portus Apostoli | NPA 2-2 SCB


·3 de setembro de 2021 | Amistoso | SCB 1-2 NPA


·31 de agosto de 2022 | Amistoso | SCB 2-3 NPA


·15 de agosto de 2023 | Amistoso | SCB 4-2 NPA


·19 de agosto de 2023 | Amistoso | NPA 1-2 SCB


·5 de outubro de 2024 | Amistoso | SCB 1-1 NPA


·23 de agosto de 2025 | Amistoso | NPA 1-1 SCB

Comments


bottom of page