top of page

PREVIA AMISTOSO PRETEMPORADA | Noia Portus Apostoli FS – SC Braga | Ola, noieses!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 1 hour ago
  • 2 min read
Venres, 22/08/2025 · 18:10h · Imaxe: Foto Pichero | O cadro branco estréase na casa na preparación da 25/26 en plenas festas de San Bartolomeu (sáb. 23/08, 19:30h) ante o potente equipo bracarense.
Venres, 22/08/2025 · 18:10h · Imaxe: Foto Pichero | O cadro branco estréase na casa na preparación da 25/26 en plenas festas de San Bartolomeu (sáb. 23/08, 19:30h) ante o potente equipo bracarense.

En total ambiente festivo polas celebracións de San Bartolomeu, o Noia Portus Apostoli FS disputa, este sábado 23 ás 19:30h, o seu primeiro partido da 2025/2026 no Agustín Mourís, penúltimo da pretemporada. Diante estará o SC Braga luso, outro duro escollo para que os noieses sigan calibrando o seu estado a dúas semanas de empezar a Liga.


O duelo contra os bracarenses poñerá o broche á cuarta semana de preparación do cadro branco, así como o terceiro amistoso que xogan nese período. Nos dous anteriores, disputados ambos a semana pasada, resultados de vitoria ante ADCR Caxinas e empate contra O Parrulo. En canto ás sensacións, o relevante nestes momentos, os de David Palmas reflectiron os típicos altibaixos de pretemporada.


Na estrea na casa, en plenas festas e cun gran rival no outro lado, o equipo noiés intentará realizar unha actuación máis redonda e levarse un triunfo que siga caldeando a unha Vila expectante porque comece o bo.


SC Braga, outro coñecido das pretemporadas


Será a oitava vez que Portus Apostoli e SC Braga se vexan as caras en encontro amigable. O balance favorece lixeiramente aos nosos, con tres vitorias noiesas, dous empates e dous triunfos para os portugueses, un opoñente de moito nivel e entidade para probarse. O pasado curso, os de Joel Rocha competiron na UEFA Futsal Champions League, caendo na Fase Élite, a previa á Final Four, e finalizaron terceiros na Liga Placard. Nas súas filas militan xogadores recoñecidos como Tiago Brito (campión do Mundo e de Europa), Tiago Sousa, Hugo Neves ou Henmi. De cara a esta campaña reforzáronse con Vilian, Willian Carioca e Mamadú Ture, entre outros.


Declaracións previas


Entradas

Á venda en noiafs.compralaentrada.com/eventos. Se quedan dispoñibles, poñeranse á venda na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís o día do partido a partir das 16:30h.


Emisión en directo

O partido non será emitido en directo por ningunha plataforma.


Precedentes (partidos amistosos)

·23 de agosto de 2019 | Amistoso | SCB 3-6 NPA


·29 de agosto de 2021 | IV Trofeo Portus Apostoli | NPA 2-2 SCB


·3 de setembro de 2021 | Amistoso | SCB 1-2 NPA


·31 de agosto de 2022 | Amistoso | SCB 2-3 NPA


·15 de agosto de 2023 | Amistoso | SCB 4-2 NPA


·19 de agosto de 2023 | Amistoso | NPA 1-2 SCB


·5 de outubro de 2024 | Amistoso | SCB 1-1 NPA

Comments


bottom of page