top of page

PREVIA AMISTOSO PRETEMPORADA | Noia Portus Apostoli FS – O Parrulo Ferrol FS | O adianto dos derbis ligueiros, en Bertamiráns

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Aug 15
  • 2 min read
Venres, 15/08/2025 · 13:19h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Noieses e ferroláns vense as caras (sáb. 16/08, 20:00h) no segundo amigable do cadro de David Palmas.
Venres, 15/08/2025 · 13:19h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Noieses e ferroláns vense as caras (sáb. 16/08, 20:00h) no segundo amigable do cadro de David Palmas.

Segunda proba para o Noia Portus Apostoli FS. Apenas catro días despois dunha primeira satisfactoria, os de David Palmas suben o nivel cunha cita ante o outro representante galego da Primeira División FS 2025/2026, O Parrulo Ferrol, este sábado 16 ás 20:00h no Municipal de Bertamiráns.


O envite do pasado martes en Bueu ante o ADCR Caxinas permitiu comprobar cales son eses primeiros aspectos que o Portus Apostoli domina e onde debe incidir o corpo técnico para seguir progresando como equipo. En liñas xerais, as sensacións de todos foron positivas, alimentando a ilusión e as ganas no grupo.


Enfrontarse a un dos opoñentes que esperan na Liga, ademais co aliciente de ser o rival da comunidade autónoma, esperta aínda un punto máis de expectación, dando por suposto que o foco continúa só e unicamente en tratar de lograr avances. Para o duelo, David Palmas terá as mesmas dúas baixas de Altamirano e Thierry, que segue en Brasil resolvendo asuntos burocráticos.


Ante un O Parrulo que regresa á elite


Cinco temporadas despois, O Parrulo Ferrol FS volverá a disputar a Primeira División FS. Os dirixidos por Gerard Casas lograron no PlayOff un ascenso que, a priori, non entraba nos seus plans hai un ano. De cara á volta, os ferroláns reforzáronse coas incorporacións de Xavi Cols, Jon, os brasileiros Jhoy e Penezio e o croata Niko Vukmir. Chegarán a Bertamiráns con dous amistosos disputados en Portugal, un triunfo por 3-4 contra Ferreira do Zêzere e unha derrota 2-1 ante Rio Ave.


O desprazamento

A expedición noiesa poñerá rumbo a Bertamiráns en autobús ás 18:10h, con horario previsto de chegada ás 18:30h.


Venda de entradas

Entrada xeral (maiores de 16 anos): 5€


Entrada infantil (menores de 16 anos): 2€


Pódense adquirir a través de entradas.fcmeigas.com.


Emisión en directo

O partido non será emitido en directo por ningunha plataforma.


Precedentes (últimos 5 partidos de competición oficial)

·13 de novembro de 2021 | X11 Segunda División FS 2021/2022 | NPA 6-0 OPA


·19 de marzo de 2022 | X28 Segunda División FS 2021/2022 | OPA 2-5 NPA


·17 de maio de 2022 | Final XXX Copa Galicia | OPA 3-3 NPA (penaltis 3-4)


·29 de marzo de 2023 | Semifinal XXXI Copa Galicia | OPA 2-6 NPA


·17 de maio de 2023 | Final XXXII Copa Galicia | NPA 5-2 OPA

Comments


bottom of page