PREVIA AMISTOSO PRETEMPORADA | Noia Portus Apostoli FS – ADCR Caxinas | Primeiro test!
- Departamento prensa Noia PA FS

- Aug 11
- 2 min read
Updated: Aug 13

O Noia Portus Apostoli FS afronta este martes 12 ás 20:30h o seu primeiro partido amistoso de pretemporada. Farao ante o conxunto portugués do ADCR Caxinas en terreo neutral, o Municipal Pablo Herbello de Bueu.
Os brancos realizaron ata o momento 21 sesións, centradas tanto no aspecto técnico-táctico como no físico. Un traballo de adecuación ao sistema, creación de sinerxias e posta a punto que terán o seu exame neste test inicial. David Palmas poderá contar para o mesmo con todo o plantel á súa disposición, incluídos o porteiro Iván e o á en idade xuvenil Koeman, a excepción de Thierry, que viaxou a Brasil para resolver asuntos burocráticos.
É só un amistoso, pero tamén é o regreso. A cuarta temporada seguida en Primeira División FS está a menos dun mes de comezar e as ganas por ver como progresa o conxunto noiés cara a ese debut en Manzanares son un clamor en toda unha Vila que cada día respira máis fútbol sala.
O ADCR Caxinas, un rival coñecido nas preparacións
Os noieses enfrentaranse por cuarta vez na historia ao cadro caxineiro, primeira en chan galego. Nos anteriores tres, pleno de vitorias para o Portus Apostoli, dato que non ensombrece o duro opoñente que resulta sempre o ACDR Caxinas, poderoso no aspecto físico e cheo de talento mozo con ganas de demostrar. A pasada campaña remataron na 9ª plaza na Liga Placard e chegaron a semifinais na Taça da Liga.
Declaracións previas
O desprazamento
A expedición noiesa poñerá rumbo a Bueu en autobús ás 17:30h, con horario previsto de chegada ás 19:00h.
Venda de entradas
Entrada xeral (maiores de 12 anos): 3€
Entrada infantil (menores de 12 anos): gratis
Só se pode adquirir de maneira presencial no Municipal Pablo Herbello de Bueu o mesmo día do partido.
Emisión en directo
O partido non será emitido en directo por ningunha plataforma.
Precedentes
·22 de agosto de 2023 | Partido amistoso | CAX 0-2 NPA
·31 de xaneiro de 2024 | Partido amistoso | CAX 1-4 NPA
·14 de setembro de 2024 | Partido amistoso | CAX 1-4 NPA











Comments