top of page

Pretemporada 2026/2027, en marcha!

  • 11 hours ago
  • 1 min read
Martes, 04/08/2026 · 10:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O conxunto noiés comezou o novo curso este luns cos tests, valoracións e primeiro adestramento en pista.
Martes, 04/08/2026 · 10:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O conxunto noiés comezou o novo curso este luns cos tests, valoracións e primeiro adestramento en pista.

O Noia Portus Apostoli FS 2026/2027 xa está mans á obra. O equipo branco deu arranque á nova temporada onte luns, nun largo día de reencontros, presentacións, probas e, por último, o agardado regreso ao 40x20.


O presidente Severino Barreiro e o director xeral Javier Barreiro abriron o día coa tradicional presentación de comezo de curso ante todos os membros do plantel presentes. Tras a intervención do corpo técnico, chegou o momento das valoracións físicas, coordinadas polo preparador físico Adrián Paz e o fisioterapeuta Sergio Fandiño, e as análises de composición corporal, coa nutricionista Victoria Ubino ao mando.


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Xa pola tarde e tras concluír as distintas probas, o balón comezou a rodar sobre o parqué do Municipal Agustín Mourís, nunha primeira sesión con enfoque de aclimatación. Nela participaron todos os compoñentes dispoñibles do Primeiro Equipo, ademais de Mosquera e Cristian, porteiros do Filial que farán toda a pretemporada baixo as ordes de David Palmas. Coas excepcións de Di Fanti, aínda en Brasil por asuntos burocráticos, e os lesionados Leozin e Peixe, que realizaron traballo adaptado xunto ao filialista Oliver Chenel, a raíz dun percance.


O paso inicial dunha pretemporada de cinco semanas, na que os noieses xogarán o seu primeiro amistoso o sábado 15 ante o ADCR Caxinas e Poça da Barca en Redondela, coa mirada posta no debut na Liga Prime Futsal, o sábado 12 de setembro na casa ante ElPozo Murcia Costa Cálida FS.

bottom of page