top of page

“Agardo adaptarme ben e dar o mellor de min para axudar ao equipo”

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Jan 20
  • 1 min read
Martes, 20/01/2026 · 11:57h | Monteros di as súas primeiras palabras como novo xogador noiés.

Monteros xa é novo xogador do Noia Portus Apostoli FS. O á-peche arxentino amósase “moi contento, con ganas de comezar, sumarme ao equipo e empezar a adestrar e compartir cos meus compañeiros”, neste novo inicio na súa curta carreira deportiva.


Aos seus 20 anos, o arxentino, que chega procedente do SC Corinthians, xa viviu a experiencia de saír do seu país, pero esta é a primeira vez que xogará lonxe do continente sudamericano. “Falei con Thierry, con Ale (Varsalona) aínda que xa non está. Dixéronme que hai xente moi boa aquí”, confesa Monteros, que agarda destes primeiros meses en Noia o “poder adaptarme ben, empezar co pé dereito e dar o mellor de min para axudar ao equipo”.


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Á hora de definirse dentro do 40x20, afirma ser “un poco anoxón”, aparte de posuír outras boas aptitudes como “defender e o golpeo coa pelota”. Todas, entre outras, que o levaron ao Noia Portus Apostoli FS e cumprir “unha ilusión moi grande” de chegar á Liga española. Un “soño” que tiña “desde pequeno, cando empecei a dedicarme a isto”, e que non fixo máis que comezar.

Comments


bottom of page