Máis xuventude e proxección coa chegada de Monteros
- Departamento prensa Noia PA FS

- Jan 19
- 2 min read

Iván Gabriel Monteros (Bos Aires, Arxentina. 15/12/2005) convértese no primeiro reforzo invernal do Noia Portus Apostoli FS. O á-peche zurdo, unha das xoias de futuro do fútbol sala arxentino, comprométese co Club noiés para as dúas vindeiras temporadas, con opción de ampliar a dúas máis.
As súas capacidades defíneno como un xogador con garra, gran golpeo de balón, poderoso no físico e con entendemento do xogo. Todo iso, unido á súa idade de apenas 20 anos, convérteno nun dos futbolistas con máis proxección do seu país. Sábeo xa a escena do fútbol sala, sendo nominado a “mellor xogador mozo do mundo” en 2024, e a Selección Arxentina, coa que foi un fixo nos éxitos das categorías inferiores (gañou un Sudamericano Sub-17 e outro Sub-20), chegando a realizar o seu debut coa absoluta o pasado decembro. Tamén era consciente o Portus Apostoli, que coa súa incorporación pecha un movemento que representa a súa filosofía de incorporar e desenvolver talento mozo e de calidade.
Os primeiros pasos de Monteros no 40x20 déronse no Alvear Club Futsal, co que logrou o ascenso a Primera B en 2023. O curso seguinte ergueu o título de Liga de Primera A co 17 de Agosto, desde o que deu o salto ao SC Corinthians da LNF brasileira. No Timão estivo a cabalo entre o primeiro equipo e o Sub-20, conseguindo con este último a Liga Paulista esta campaña.
O arxentino vestirá o dorsal 6 no Noia Portus Apostoli FS.
Benvido a Noia, que xa é a túa nova casa, Iván!











Comments