top of page

#NoiaPAFSnaEscola | Cos máis pequenos do Colexio María Assumpta!

  • 1 day ago
  • 1 min read
Martes, 24/03/2026 · 12:10h | Ismael, Douglas e Gui Lima visitaron a máis dun centenar de nenos e nenas no centro escolar.
Martes, 24/03/2026 · 12:10h | Ismael, Douglas e Gui Lima visitaron a máis dun centenar de nenos e nenas no centro escolar.

O #NoiaPAFSnaEscola continuou este pasado luns no Colexio María Assumpta de Noia, ao que asistiron Ismael, Douglas e Gui Lima. Esta visita encádrase como a segunda dunha serie que o Club realizará por centros escolares da zona de Noia e Barbanza de aquí ata final de curso para promocionar a súa actividade e os valores e saúde que aporta o deporte.


Os tres xogadores acompañaron a Brais Romero, director da Escola Deportiva noiesa, ao centro para explicar como se compón o Noia Portus Apostoli FS, cal é o día a día dun equipo de Primeira División FS e responder todas as preguntas de entre máis de 100 nenos e nenas dos que cursan primaria no María Assumpta.


A mañá concluiu coas sinaturas e entrega de obsequios e merchandising do Club, que farán que esta visita sexa inesquecible para os pequenos e pequenas.



Comments


bottom of page