top of page

#NoiaPAFSnaEscola | O CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío de Esteiro, primeira parada!

  • 4 days ago
  • 1 min read
Luns, 09/02/2026 · 18:39h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | David Pazos, Macedo e Thierry visitaron a máis de 100 nenos no centro esteirán.
Luns, 09/02/2026 · 18:39h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | David Pazos, Macedo e Thierry visitaron a máis de 100 nenos no centro esteirán.

O Noia Portus Apostoli FS regresou ao colexio esta mañá. O CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío de Esteiro acolleu a primeira dunha serie de visitas que o Club realizará por centros escolares da zona de Noia e Barbanza nas vindeiras semanas.


David Pazos, Macedo e Thierry foron os xogadores que acompañaron a Brais Romero, director da Escola Deportiva noiesa, ao colexio esteirán. Os máis de 100 nenos e nenas presentes no salón de actos do centro puideron aprender como é o día a día dun equipo de Primeira División FS e quen o conforman, entre máis detalles.


A mañá finalizou coas preguntas dos alumnos e alumnas aos xogadores, que, a continuación, entregaron fotografías asinadas por eles a un entregado público que, seguro, non esquecerá este luns 9 de febreiro.


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Comments


bottom of page