top of page

Información sobre modificación no calendario de datas da campaña de abonados 2024/2025



O Noia Portus Apostoli FS informa dunha lixeira modificación no calendario de datas da campaña de abonados/as da temporada 2024/2025.


·RENOVACIÓNS: período aberto desde o pasado luns 10 de xuño ata o domingo 30 de xuño. A renovación pódese efectuar en noiafs.compralaentrada.com ou no Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7. Noia), luns a venres en horario de 11:30h a 13:00h e 19:30h a 21:00h. Os sábados e os domingos a renovación só se pode realizar online.


·CAMBIO DE ASENTOS: o Club habilita o día LUNS 1 DE XULLO exclusivamente a todos eses abonados/as que, unha vez teñan o seu abono renovado e co período de renovacións finalizado, desexen realizar un cambio de localidade, sempre e cando sexa posible. O cambio de asento poderase efectuar en noiafs.compralaentrada.com ou no Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7. Noia), ese luns 1 de xullo en horario de 11:30h a 13:00h e 19:30h a 21:00h.


·NOVAS ALTAS: A PARTIR DO 2 DE XULLO, os interesados en facerse abonado/a por primeira vez poderán facelo tanto en noiafs.compralaentrada.com como no Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7. Noia), en horario suxeito a cambios.

Comments


bottom of page