top of page

Macedo vestirá de branco unha temporada máis

  • 1 day ago
  • 1 min read
Martes, 28/07/2026 · 18:00h | O portugués continuará cedido no Portus Apostoli desde o Sporting CP.
Martes, 28/07/2026 · 18:00h | O portugués continuará cedido no Portus Apostoli desde o Sporting CP.

Tiago Manuel Rodrigues Macedo (Lisboa, Portugal. 03/07/2004) volve a poñer a guinda ao verán branco. A súa maxia seguirá ao servizo do 40x20 do Municipal Agustín Mourís, despois do acordo alcanzado entre o seu club de orixe, o Sporting CP, e o Noia Portus Apostoli FS para alargar a súa cesión na Vila.


O á zurdo cumprirá así o seu segundo curso en Noia, a onde chegou hai un ano tras xogar a anterior campaña no Córdoba Patrimonio de la Humanidad, tamén a préstamo desde os Leões lisboetas. Ata a data, Macedo disputou un total de 19 partidos como noiés, nos que converteu 2 goles.


Listo para seguir deixando grandes xogadas no Mourís | Imaxe: Foto Pichero
Listo para seguir deixando grandes xogadas no Mourís | Imaxe: Foto Pichero

Pero iso só é o principio. O portugués terá unha nova oportunidade de volver a demostrar o seu talento co balón, ese que aos seus 22 anos o coloca como unha das grandes xoias do seu país, e a súa capacidade para desequilibrar defensas rivais e facer as delicias dunha afección noiesa que, co plantel ao completo, xa está desexosa de que rode a pelota.

Comments


bottom of page