top of page

Koeman volve coa Selección Española Sub-19

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 3 days ago
  • 1 min read

Venres, 25/04/2025 · 19:05h | O seleccionador Albert Canillas convocou ao noso xogador para o dobre amistoso ante Marrocos en maio.


Mateo Vázquez “Koeman” foi convocado polo adestrador da Selección Sub-19 Española, Albert Canillas, para a disputa de dous partidos amistosos ante Marrocos en Rabat o 6 e o 7 de maio.


É a segunda vez que o xogador do Xuvenil DH e o Filial noiés, que tamén tivo protagonismo este curso co Primeiro Equipo chegando a marcar un gol en Copa do Rei FS, é designado nunha lista do combinado nacional. A anterior foi no torneo de Serbia en decembro, onde conseguiu un tanto, ademais de ir gañando protagonismo co paso dos encontros. Aos seus 17 anos cumpridos en decembro, é un dos máis mozos do equipo.


Koeman unirase co resto dos seus compañeiros á concentración o 4 de maio, cando se trasladarán a terras marroquíes, con regreso o día 8.

Comments


bottom of page