top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así foi a finde!

3 hours ago
1 min read

Luns, 26/10/2026 · 18:39h


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS gozou da súa primeira finde de actividade completa, con estes resultados!



Alto do Vento FS 5-3 XUVENIL
X2 Primeira Futgal FS · DOM. 25/10 · 10:00h

O Xuvenil cedeu fronte ao Alto do Vento FS por 5-3 na xornada 2 da Primeira Futgal FS. Os goles noieses foron de Gabriel Cutrin x2 e Lorenzo Rougier. Na clasificación son 4º con 3 puntos.



XUVENIL 2-5 A Estrada Futsal
X2 Primeira Futgal FS · SÁB. 24/10 · 17:00h

O Xuvenil tampouco puido co A Estrada Futsal no seu duelo da xornada 2 da Primeira Futgal FS, no que anotaron Bruno Regos e Xavi Fernández. Tras este partido, ocupan a 10ª posición sen puntos.



ALEVÍN 0-12 ALEVÍN
X1 Primeira Futgal FS · DOM. 25/10 · 10:00h

O choque entre alevíns noieses que abría a Primeira Futgal FS saldouse cun marcador de 0-12, grazas aos goles de Lois Calviño x2, Luca Santiago x4, Álvaro Couto x2, Manuel Dosil x2 e Jorge Abeijón x2.



BENXAMÍN 0-7 BENXAMÍN
X1 Primeira Futgal FS · DOM. 25/10 · 19:15h

No caso do duelo de benxamíns noieses, resultado de 0-7 con goles de Simón Rodríguez, Noé Blanco, Brais Dosil, Mauro Couto x2 e Álex Oviedo x2.

Comments


bottom of page