Martes, 26/11/2024 · 9:15h | Primeiro xogador con formación na canteira noiesa en ser chamado por calquera categoría da Selección Española.
Pasado o mediodía do martes 25 saltaba a nova. Mateo Vázquez Seoane, “Koeman”, convocado pola Selección Española Sub-19. Aos seus 16 anos (cumprirá 17 en menos de un mes), o á zurdo convértese no primeiro xogador con formación na Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS en ser chamado por calquera categoría da Selección nacional.
O seleccionador Albert Canillas convoca ao xogador do conxunto noiés nunha lista de 16 para o torneo que disputará o combinado en Vrnjacka Banja, Serbia. A concentración iniciará o vindeiro 1 de decembro, e do 4 ao 7 enfrontaranse a Italia e República Checa na fase de grupos. O outro grupo confórmano Francia, Serbia e Hungría.
Un novo soño que Koeman pode tachar da lista, nunha temporada na que realizou o seu debut en Primeira División FS, disputando xa 5 encontros, ademais de brillar co Xuvenil de División de Honra e co Filial.
O traballo duro e en silencio sempre dá os seus froitos! Moita sorte e a aproveitar a oportunidade, Koeman!
留言