top of page

A Escola Noiesa abre o seu período de inscrición para a temporada 2025/2026

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Jul 23
  • 2 min read
ree

Mércores, 23/07/2025 · 18:53h | A través do formulario online ou no Local Social do Club para nenos/as nados entre 2007 e 2021.


A temporada 2025/2026 chama á porta, tamén para os máis pequenos. O Club abre o prazo de inscrición da Escola Noiesa para todos aqueles nenos/as nados entre 2007 e 2021 que queiran formar parte dos distintos equipos, de Biberón ata Xuvenil, da nosa Base.


Onde podo realizar a inscrición?

A inscripción poderase realizar tanto no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) como no formulario online.


Procedemento de pago da cota

A cota total de inscrición é de 200€, un pago sobre o que o Club pon a disposición de todas as familias interesadas a opción de realizalo de maneira fraccionada.


O primeiro pago a modo de matrícula consta de 80€ e levarase a cabo ao formalizar a inscrición. A este engádenselle 6 mensualidades (outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo) de 20€ cada unha, que completarán a cota total de 200€ e que se abonarán por medio de domiciliación bancaria. En caso de inscrición dun segundo irmán, a cota será de 150€.


Da mesma forma, o Club tamén pon a disposición a opción de realizar o pago da cota ao contado a principio de temporada a todas aquelas familias que o desexen.


Reunión informativa

A comezos de setembro realizarase unha reunión informativa para pais, nais e titores legais, da cal o Club informará proximamente nas súas canles oficiais sobre día, hora e lugar.


Pack de ropa

O prezo do pack de roupa obrigatorio será de a partir de 100€ para os nenos/as pertencentes á Escola Noiesa a temporada pasada e de a partir de 170€ para os novos inscritos.


Idades e categorías

Biberón: 2020-2021

Prebenxamín: 2018-2019

Benxamín: 2016-2017

Alevín: 2014-2015

Infantil: 2012-2013

Cadete: 2010-2011

Xuvenil: 2007-2008-2009


Contacto

Para máis información, o Club habilita a vía de contacto de e-mail a escuela@noiafutbolsala.com.

Comments


bottom of page