Xoves, 07/11/2024 · 17:15h
A Xunta Directiva do Noia Portus Apostoli FS informa aos abonados Sentimento de, en caso de que NON poidan asistir ao encontro da xornada 5 de Primeira División Fútbol Sala, Noia Portus Apostoli FS vs Barça (sábado 9 de novembro, 18:00h), a posibilidade de que cedan o seu asento a disposición do Club, en aras de axudar ao mesmo e producir un ambiente o máis espectacular posible no Agustín Mourís.
Cada abonado Sentimento que non vaia a ir ao partido e desexe ceder o seu asento poderá facelo na plataforma do Club noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”. Outros procedementos para a liberación do asento serían enviando unha notificación aos medios de WhatsApp (número 669 72 95 75) ou correo electrónico (administracion@noiafutbolsala.com) da entidade.
Lémbrase que para este encontro os abonados Sentimento deberán presentar o seu carné na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís, como de maneira habitual. Estes son persoais e intransferibles, é dicir, só poderá asistir co mesmo a persona á que está asignada o carné. En cambio, o resto de abonados que mercaran entrada só terán que presentar esa entrada.
Comments