top of page

Desvelado o camiño despois do parón | Horarios das xornadas 4, 5, 6, 7 e 8 de Primeira División FS

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Sep 5
  • 2 min read
Venres, 05/09/2025 · 17:27h · Imaxe: Foto Pichero | Tres partidos na casa e dous como visitantes, fixados.
Venres, 05/09/2025 · 17:27h · Imaxe: Foto Pichero | Tres partidos na casa e dous como visitantes, fixados.

As xornadas 4, 5, 6, 7 e 8 do Noia Portus Apostoli FS xa teñen día e hora definitivos.


O cadro noiés volverá do parón por datas FIFA o sábado 27 de setembro ás 18:00h recibindo no Agustín Mourís ao Viña Albali Valdepeñas de Marlon Velasco. Será a primeira vez que o ex adestrador branco regrese á Vila despois da súa marcha do Club en 2023. O encontro poderase ver gratis en CMM Play, servizo app e web da televisión autonómica de Castela-A Mancha.


O venres 3 de outubro toca visita a Anaitasuna para enfrontarse ás 20:00h a Osasuna Magna pola quinta xornada do campionato ligueiro. A sexta data chegará para os noieses oito días máis tarde. O sábado 11 ás 17:00h, o equipo de David Palmas verase as caras no seu feudo ante o bicampión da Primeira División FS, Jimbee Cartagena Costa Cálida.


Novo parón, esta vez dunha semana, antes de poñer rumbo ao Municipal Ciudad de Tudela, no que o Portus Apostoli xogará pola sétima xornada ligueira ante o ATP Iluminación Ribera Navarra FS o sábado 25 ás 16:00h. Xa en novembro disputarase a oitava e derradeira confirmada, o sábado 1 ás 20:00h contra o Servigroup Peñíscola FS na casa.


Cando podo conseguir entradas para os partidos no Mourís?

Unha semana antes de cada partido na casa habilitarase a venda de entradas online en noiafs.compralaentrada.com/eventos. Tamén poderás facerte coa túa entrada no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) de luns a venres, excepto festivos, no horario especificado en redes sociais.


Todos os partidos, en LALIGA+

Poderás ver todos os encontros antes mencionados na plataforma LALIGA+, xa sexa en app ou web, baixo suscrición. Se eres abonado do Club, co código NOIA nas opcións ANUAIS dos paquetes Multideporte ou Plus Total poderás conseguir un 30% de desconto sobre o prezo xeral.

Comments


bottom of page