A composición terá a súa primeira posta en escena este sábado, no momento no que os xogadores salten á pista para o duelo contra o Jimbee Cartagena.
No seu afán de continuar medrando como Club, o Noia Portus Apostoli FS estreará este sábado 23, no duelo contra o Jimbee Cartagena, o seu himno oficial. Unha composición realizada na súa totalidad e de maneira desinteresada por dous abonados, que axudará a fortalecer a identidade e a unión co afeccionado.
Nando Froján, na realización da sintonía, e Patricia F. Hermida, coa letra e cantante, son as dúas persoas que dan vida ao cantar que os entusiastas noieses poderán pasear con orgullo por toda España, pisen donde pisen.
Unha peza moi galega e tamén moi noiesa, tanto na música, que vai collendo maior ritmo a medida que avanza o 1 minuto e 30 segundos do seu transcurso, como na letra, identitaria pero moi sinxela, que ten o seu colofón final coa repetición dun retrouseo poderoso e cheo de sentimento, chamado a ser a parte destacada dunha fantástica composición.
Commentaires