top of page

Henrique e Douglas, con Brasil á final da CONMEBOL Liga Evolución

Ambos foron convocados para disputarse o título, a dobre partido o 1 e o 2 de xuño, ante Arxentina en Asunción, Paraguai.


A CBF (Confederación Brasileira de Fútbol) deu a coñecer onte xoves unha lista de convocados con dous nomes noieses. O gardameta Henrique e o á Douglas formarán parte do equipo que se dispute o título da CONMEBOL Liga Evolución contra Arxentina, nunha final a dobre partido que se disputará o 1 e 2 de xuño no COP Arena de Asunción, Paraguai.


Douglas e Henrique gañáronse un oco neste combinado dirixido por Vanildo Neto e conformado por 10 xogadores sub-25, nunha estratexia da federación por dar oportunidades e experiencia ás súas mozas pezas. No caso de Douglas tratarase da súa segunda presenza con este conxunto da absoluta de Brasil, xa presente na vitoria en novembro da Zona Norte desta Liga Evolución, mentres que para Henrique será a primeira vez que vista a camiseta da verdeamarela.


A concentración comezará o 26 de maio en Magé, Río de Xaneiro, e prolongarase ata o día 31. Moita sorte e a por todas nesta aventura, rapaces!

bottom of page