top of page

O Agustín Mourís dispoñerá de “fan zone” durante as finais de Copa Galicia

Unha polbeira con ambientación musical será a máxima atracción nos arredores do Municipal.

Co propósito de xerar unha experiencia inesquecible para os afeccionados que ateigarán Noia este mércores 17 de maio, habilitarase nos lindeiros do Municipal Agustín Mourís unha “fan zone” con polbeira e ambientación musical para redondear un día no que Noia será a capital do fútbol sala galego, coa celebración das finais de Copa Galicia no pavillón noiés.


Desta maneira, todo aquel afeccionado poderá degustar dun dos produtos estrela das nosas rías sen afastarse do que será o punto neurálxico do fútbol sala da nosa comunidade no vindeiro Día das Letras Galegas.


Horarios das finais


A final feminina entre Ence Marín Futsal e Pescados Rubén Burela FS disputarase ás 12:30h, mentres que a masculina entre Noia Portus Apostoli FS e CD Lugo Sala comezará ás 19:00h. As entradas para ambos encontros encóntranse esgotadas.

bottom of page