Xoga na Liga Noia Portus Apostoli FS de EsFutsal Fantasy!

Por segunda temporada consecutiva, o Noia Portus Apostoli FS dispoñerá de Liga Fantasy Oficial! Nesta ocasión, da man de EsFutsal en fantasy.esfutsal.es co código NOIA. Pulsa na ligazón, rexístrate e constrúe o teu equipo cada xornada para ter a opción de conseguir varios premios!
O Fantasy é un dos fenómenos que máis medrou nos últimos anos no mundo do deporte. Millóns de xogadores compiten para crear o mellor equipo desde o seu móvil, e ti podes ser un deles xunto ao Noia Portus Apostoli FS e EsFutsal!
Como me uno á Liga Noia Portus Apostoli FS?
1. Entra en fantasy.esfutsal.es e crea unha conta co teu correo electrónico.
2. Selecciona “mis Ligas” e, a continuación, “unirse a Liga”. Aí, escribe o código NOIA e xa estarás dentro da Liga Noia Portus Apostoli FS.
Como xestiono o meu equipo?
A Liga Noia Portus Apostoli FS en EsFutsal xogarase co ‘Modo Fantasy (Abierto)’. Isto quere dicir que non hai exclusividade, podes ter no teu equipo aos mesmos xogadores que os teus rivais, e tamén que non hai mercado diario, senon que mercas e vendes ao instante.
Comezarás a Liga con 1.250.000€ de orzamento, cos que terás que formar un quinteto de entre todos os xogadores da Liga Prime Futsal 2026/2027. Dos cinco poderás escoller un capitán, que puntuará dobre, e, ademais, sumar un sexto xogador como suplente, cuxa puntuación conseguida se reducirá á metade. A data límite para formar o teu equipo será a hora na que comece o primeiro partido da xornada. Para poder puntuar, debes asegurarte de cumprir estes dous requisitos innegociables antes do inicio do primeiro partido:
Saldo positivo (0€ ou máis) na túa conta.
Ter os 5 xogadores do quinteto aliñados sen ocos libres.
A puntuación extráese da acta oficial e estabrécese por termos estatísticos: goles, asistencias, paradas, tarxetas amarelas/vermellas, etc., todo suma ou resta segundo o sistema de valoración. A máis puntos conseguidos, máis cartos para poder conformar un mellor equipo na seguinte xornada!
Premio para os tres primeiros clasificados!
A partir de aí, o que suceda nas pistas da Liga Prime Futsal decidirá quen serán os gañadores dos premios que outorgará a Liga Noia Portus Apostoli FS aos tres primeiros clasificados cando finalice o campionato regular ligueiro:
1º clasificado: camiseta firmada polo plantel do Noia Portus Apostoli FS.
2º clasificado: balón firmado polo plantel do Noia Portus Apostoli FS.
3º clasificado: kit merchandising do Noia Portus Apostoli FS.
Ao momento de completar o rexistro e participación na Liga Noia Portus Apostoli FS de EsFutsal Fantasy, consentes o tratamento e comunicación dos teus datos (nome, apelidos e correo electrónico) entre páxina organizadora e Club.





Comments