Xoga ao Fantasy Futsal do Noia Portus Apostoli FS e El Quinteto FS!
- Departamento prensa Noia PA FS

- 2 days ago
- 2 min read

El Quinteto FS lanzou recentemente o primeiro xogo Fantasy de fútbol sala. E o Noia Portus Apostoli FS é o primeiro Club en crear a súa Liga Oficial en fantasyfutsal.es. Únete utilizando o código NOIA, fai o teu quinteto e aspira aos premios que levarán os tres primeiros clasificados á finalización da Primeira División FS!
O Fantasy é un dos fenómenos que máis medrou nos últimos anos no mundo do deporte. Actualmente, millóns de xogadores compiten para crear o mellor equipo desde o seu móbil en competicións de fútbol, baloncesto... e, agora, tamén fútbol sala.
Atención ás reglas! 👀
A dinámica da Liga Noia Portus Apostoli FS de fantasyfutsal.es é sinxela:
1. Entra en fantasyfutsal.es e crea unha conta co teu correo electrónico.
2. Selecciona “mis Ligas” e, a continuación, “unirse a una Liga”. Aí, escribe o código NOIA e xa estarás dentro da Liga Noia Portus Apostoli FS.
3. Forma un quinteto e un banco doutros cinco xogadores cos 70 millones que te outorga o xogo.
·Importante que o fagas antes de que comece a xornada, senon os teus cambios non terán efecto.
·No teu plantel só podes incluír dous xogadores por equipo da Primeira División FS.
·Ademais, ten en conta tamén que o teu equipo será o mesmo en todas as Ligas nas que esteas participando.
4. Ao acabar a xornada poderás ver as puntuacións que obtivo cada xogador, baseadas en termos estatísticos, que se multiplican por dous no caso do quinteto titular.

5. Entre xornada e xornada terás a opción realizar unha fichaxe gratis, ademais de facer as substitucións que queiras entre banco e quinteto inicial. O resto de fichaxes que fagas supoñerán a penalización de 4 puntos na túa puntuación en todas as Ligas nas que esteas.
·Os xogadores suben ou baixan de prezo dependendo das puntuacións conseguidas, variable coa que terás que actuar para formar o teu equipo sen pasarte dos 70 millóns.
Os tres primeiros clasificados levarán premio! 🎁
A partir de aí, o que suceda nas pistas da Primeira División FS decidirá quen serán os gañadores dos premios que outorgará a Liga Noia Portus Apostoli FS aos tres primeiros clasificados cando finalice o campionato ligueiro:
1º clasificado: camiseta (a elixir) asina polo plantel do Noia Portus Apostoli FS + unha sorpresa.
2º clasificado: camiseta (a elixir) do Noia Portus Apostoli FS.
3º clasificado: kit merchandising do Noia Portus Apostoli FS.











Comments