
Venres, 20/12/2024 · 17:00h · Imaxe: Alejandro Lorenzo
Toca dar a benvida ao Nadal e despedir o ano, e a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS farao con 6 partidos esta fin de semana, incluído o do Xuvenil DH!
XUVENIL Peixe e Garrincha vs AD Codima "H"
X8 Primeira Futgal FS | DOM. 22/12 | 21:00h
O Xuvenil Peixe e Garrincha recibe ao AD Codima "H" este domingo 22 ás 21:00h no Agustín Mourís pola oitava xornada de Primeira Futgal FS.
Oroso FS CD vs INFANTIL Pirata e Attos
X8 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 21/12 | 17:00h
O Infantil Pirata e Attos visita ao Oroso FS CD no Complexo Deportivo Juan Amigo este sábado 21 ás 17:00h, no oitavo partido do curso.
ALEVÍN Schütt e Á. García vs Oroso FS CD
X7 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 21/12 | 16:00h
O Alevín Schütt e Álex García xogará como local fronte ao Oroso FS CD a sétima xornada ligueira o sábado 21 ás 16:00h.
BENX. Pazos e Altamirano vs Victoria FC "B"
X7 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | DOM. 22/12 | 16:00h
O Benxamín Pazos e Altamirano enfróntase este domingo 22 ás 16:00h ao Victoria FC "B" no Municipal Agustín Mourís pola sétima xornada da fase previa de Liga.
BENX. Rufino e Matheus vs Victoria FC
X7 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | DOM. 22/12 | 17:00h
O Benxamín Rufino y Matheus tamén xogará o domingo 22 na casa, no seu caso ás 17:00h fronte ao Victoria FC.
Comentários