top of page

ENQUISA | Elixe o mellor momento do Noia Portus Apostoli FS nos seus 100 primeiros partidos na Primeira División FS!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 5 days ago
  • 2 min read

Martes, 11/11/2025 · 19:35h | Quedamos con 6 momentazos que vivimos desde a nosa chegada á elite. Agora, tócache elixir a ti.
Martes, 11/11/2025 · 19:35h | Quedamos con 6 momentazos que vivimos desde a nosa chegada á elite. Agora, tócache elixir a ti.

Este sábado 15 a partir das 17:00h, o Noia Portus Apostoli FS enfrontarase ao Movistar Inter FS. Un encontro que non será un calquera para os noieses, xa que marcará o centenario na Primeira División FS. Un número perfecto para sentarnos e rememorar o que nos deixaron os 99 anteriores... e tamén de elixir para vós, noieses e noiesas, cal foi o mellor momento do noso Club desde que está na elite (eventos ordenados cronoloxicamente).


1. Vitoria no Palau Blaugrana (2022/2023) – Un dos días sinalados desde o ascenso. A visita a un dos coliseos máis representativos de toda a Liga. Alí se presentaron o 11 de marzo de 2023 uns rebeldes xogadores noieses, que xunto a decenas de afeccionados tumbaron ao xigante Barça cun resultado final de 3-4.


2. Clasificación ao PlayOff polo título de Liga (2022/2023) – Precisamente ante o rival do partido 100, na xornada 29 da 22/23 o equipo noiés certificou unha proeza: meterse entre os oito mellores do campionato na súa temporada de debut na elite. Unha experiencia histórica que equipo e afección puideron gozar xuntos.


3. Goleada ao Illes Balears Palma Futsal (2023/2024) – Nunha temporada complicada, chegou o ‘domingo de Resurrección’ para darlle un xiro de 180º. A espectacular machada ante o recente campión de Europa e do Mundo, con 6 golazos incluídos, iniciou unha xeira de tres triunfos consecutivos claves para a permanencia.


4. Salvación ante el Real Betis Futsal (2023/2024) – Unha permanencia que se logrou na penúltima xornada. O Mourís tivo que sufrir un pouco para despois, grazas aos tantos de Lluc, Pirata e Power, iniciar unha festa ben merecida. Unha temporada máis, Noia seguía sendo de Primeira.


5. Salvación na pista do Movistar Inter FS (2024/2025) – Un ano máis tarde, de novo un sufrimento que acabou sendo celebración. Esta vez, lonxe da casa. Pero co calor dos nosos máis que presente, cunhas 100 gorxas animando nas gradas do Jorge Garbajosa. Facía falta sumar na pista do Club máis laureado do Mundo e agardar. E empuxando todos xuntos ata o final, conseguiuse. Outro festexo máis que merecido.


6. A remontada de tolemia contra Jimbee Cartagena Costa Cálida (2025/2026) - Sesgo de actualidade? Pode ser. Pero remontarlle dous goles en 23 segundos, o último sobre a bucina, para ganarlle ao bicampión ligueiro e de Supercopa e bronce na pasada UEFA Futsal Champions League non pasa todos os días. Explosión total de tolemia noiesa no Agustín Mourís.


Agora, a elixir:


¿Con cuál te quedas?

  • 0%Victoria en el Palau Blaugrana (22/23)

  • 0%Clasificación al PlayOff por el título de Liga (22/23)

  • 0%Goleada al Illes Balears Palma Futsal por 6-1 (23/24)

  • 0%Salvación ante el Real Betis Futsal (23/24)


Comments


bottom of page