Severino Barreiro e a súa xunta directiva renovan mandato por catro anos máis
- Departamento prensa Noia PA FS
- 6 days ago
- 1 min read

Venres, 06/06/2025 · 11:45h · Imaxe: Foto Pichero | O equipo directivo foi reelixido na Asemblea Xeral Ordinaria deste pasado xoves.
Severino Barreiro continuará á fronte da xunta directiva do Noia Portus Apostoli FS, que prolonga o seu mandato ata 2029 ao ser ratificada a súa candidatura, única presentada, na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada este pasado xoves no Municipal Agustín Mourís.
Así queda conformada a xunta directiva do Noia Portus Apostoli FS:
Severino Barreiro – presidente
María del Carme Suárez – vicepresidenta
Javier Barreiro – secretario / director xeral
María Luisa Seijas – tesoureira
María Eva Santiago – vogal
José Antonio Quintáns – vogal
Alejandro Morán – vogal
Antonio Dosil - vogal
Comments