Horario e entradas do amistoso fronte ao SC Braga
- 3 hours ago
- 1 min read

O Noia Portus Apostoli FS disputará o seu seguinte amistoso de pretemporada este venres 28 a partir das 20:30h na pista do Municipal de Baltar de Sanxenxo. O rival, o SC Braga da Liga portuguesa.
Este choque será o cuarto test para os noieses a dúas semanas de empezar o campionato ligueiro, despois de enfrontarse ao ADCR Caxinas en Redondela e á Selección Nacional de Indonesia e Illes Balears Palma Futsal no IX Trofeo Portus Apostoli.
A entrada ao partido será gratis para todo o público.





Comments