top of page

Todo o que debes saber sobre os cambios en normas e regras do xogo

54 minutes ago
4 min read
Xoves, 10/09/2026 · 15:28h · Imaxe (de arquivo): Foto Pichero | A temporada 2026/2027 contará con varias modificacións dirixidas a dinamizar os partidos, propostas polo CTA.
Xoves, 10/09/2026 · 15:28h · Imaxe (de arquivo): Foto Pichero | A temporada 2026/2027 contará con varias modificacións dirixidas a dinamizar os partidos, propostas polo CTA.

Máis aló das explicadas revolucións no sistema de competición, a temporada 2026/2027 dispoñerá tamén cambios en aspectos técnicos do regulamento e funcionamento do xogo. Estes foron realizados polo Comité Técnico de Árbitros, baixo o paraugas da denominación ‘Normas de Dinamización e Regras do Xogo’, que inclúen 11 modificacións en total.


En canto ao apartado de cambios nas Regras do Xogo, son catro a destacar:


-Restricción do saque de meta: na execución do saque de meta, o gardameta non poderá pasar co balón directamente a liña de medio campo sen que, previamente, fora tocado por outro xogador ou tocara a superficie de xogo na propia metade. En caso de que se produza a infracción, concederase un tiro libre indirecto ao equipo adversario, que se lanzará desde o lugar onde o balón cruzou a liña central.


-Protestas ao banco acumulables: as tarxetas (amarelas ou vermellas) aos membros do banco (suplentes e/ou corpo técnico) que sexan por protestar, acumularán unha falta. Iso si, este tipo de faltas acumulables nunca conlevarán o lanzamento dun tiro de dez metros, nin sendo a 6ª ou sucesivo número de falta dun equipo.


Imaxe (de arquivo): Foto Pichero
Imaxe (de arquivo): Foto Pichero

-Penalti non acumulable como falta: ao contrario de como sucedía ata agora, unha falta sancionada con tiro libre directo dentro da área non se rexistrará como acumulada.


-Novos supostos para o Soporte de Vídeo: aos xa coñecidos supostos para solicitar o Soporte de Vídeo (gol/non gol, penalti/non penalti e confusión de identidade), únense as opcións de revisar unha segunda tarxeta amarela incorrectamente amosada (non se contempla a posibilidade de revisar unha acción na que xogador xa amoestado cometa unha infracción e non sexa amoestado por segunda vez) e nunha infracción sancionable con falta a partir da 5ª ou a concesión errónea dunha falta a partir da 5ª. Lembramos que cada equipo ten unha solicitud por período do SV, que se mantén en caso de prosperar.


Ademais, os árbitros terán potestade de realizar revisións motu proprio en casos de que o cronómetro non funcione, un erro coa cronometraxe, comprobar un gol/non gol en tiempo de fin de período e posibles desacordos entre árbitros de incidentes revisables por adestradores.



Asimismo, aplicaranse sete medidas en busca da dinamización do xogo:


-Redución do tempo de revisión no SV: cando erga o cartón de SV o/a árbitro/a 3 informará ao técnico/a de soporte de vídeo do que se quere revisar e, este/a último/a, marcará o inicio e a fin da xogada para xerar o bucle en todas as cámaras. A primeira visualización será unha imaxe conxelada da mano, ou superficie de contacto, ou gol non gol... A segunda visualización serán os clips a cámara lenta (en caso de man ou golpeo en pescozo/cara) ou ao 65% de velocidade da acción a revisar. En caso de solicitude por tarxeta vermella só se visualizará a acción da posible acción merecedora de expulsión. Os árbitros poderán solicitar imaxes alternativas ao protocolo previamente explicado.


-Sinalización de tarxetas polo intercomunicador: a comunicación de tarxetas ao/á árbitro/a 3 realizarase por intercomunicador incluso cando vaian acompañadas de gol ou acumulable tras vantaxe. Non se realizará o código de sinais cara a mesa de anotación e cronometraxe. Si se seguirá realizando en goles marcados, faltas acumulables tras vantaxe, faltas acumulables por tarxeta a membros do banco e solicitude de tempo morto.


-Diálogo frecuente e áxil: os árbitros establecerán unha comunicación frecuente, áxil e basada no respecto mutuo cos integrantes de ambos equipos, sempre que esta se desenvolva polos cauces regulamentarios establecidos. Estando o xogo detido, a duración de dita comunicación será a mínima imprescindible que evite o retraso do reinicio do xogo.


-Asistencia a xogadores fóra da pista: os xogadores lesionados, incluídos os gardametas, non poderán ser atendidos no terreo de xogo, e non se lles permitirá volver a entrar ata que o xogo se reinicie. Existen certas excepcións, en caso de gravidade ou rapidez.


Imaxe (de arquivo): Foto Pichero
Imaxe (de arquivo): Foto Pichero

-Eliminación de avisos previos no balón parado: elimínanse os avisos previos que retrasan o reinicio do xogo por parte dos árbitros en situacións como a ubicación do porteiro en penalti e tiro de dez metros e a insistencia a xogadores de non adiantarse en barreiras.


Só se realizarán avisos previos e nunha única ocasión por equipo e partido en agarróns antes de reinicio e en incumprimento de distancia dos defensores en saque de banda e/ou esquina.


-Novo protocolo de limpeza da pista: establécese un protocolo no que os encargados da limpeza, dúas persoas uniformadas (en cadrantes de esquina e cruzados) provistos de mopa e toalla/pano, poderán actuar con autonomía e rapidez, sempre procurando non interferir co xogo.


-Bases con balóns auxiliares: nas marxes exteriores da superficie de xogo haberá distribuídas 10 bases con balóns para ser utilizados durante o partido. Os xogadores poderán utilizar os 11 balóns para reiniciar o xogo optando por un balón próximo ao lugar de execución.


Co jugador en disposición de reiniciar, se non colle balón para executar o lanzamento, o árbitro dará sinal co asubío de inicio de conta dos 4 segundos.


En cada partido existirán 4 recollepelotas que estarán uniformados con idéntica roupa e estarán ubicados no exterior da superficie de xogo nos cadrantes de esquina. Estes nunca poderán entregar un balón aos xogadores, só repoñerán balóns nas bases. Ningún suplente ou membro do corpo técnico poderá entregar ningún balón directamente aos xogadores para intentar sacar proveito da acción. Si poderán facelo no resto de circunstancias cando un balón queda aloxado no banco.

Comments


bottom of page