CRÓNICA X9 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 7–2 LAV) | Unha máis para o Filial
- Departamento prensa Noia PA FS

- Nov 9
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS “B” non notou o cambio de casa e selou con firmeza no Alonso Rodríguez un novo triunfo, o sexto da temporada en nove partidos, superando por 7-2 ao Deportivo Laviana FS.
Os de Chipi dominaron o encontro desde o comezo, aínda que o gol resistiuse ata o minuto 14. Fíxoo o seu máximo realizador, Oliver Chenel, a pase de Koeman. A través dun penalti por man que lle custou a vermella directa ao visitante Pelayo López, Nico Cuello ampliou vantaxes. Porén, os asturianos aproveitaron un erro noiés en saída de presión para volver a situarse a un gol antes do descanso.
Todo cor branca
A segunda metade si deixou constancia no marcador do control do Portus Apostoli “B”. Nada máis reiniciarse o xogo, Koeman colocou cun disparo exterior o 3-1. El cuarto convertiuno Brais nunha acción individual polo centro. Os noieses seguiron entrando nos dominios visitantes como coitelo en manteiga, e no 29’ anotaron dúas dianas máis, de Oliver Chenel e Koeman, esta última castigando o xogo de cinco do Laviana.
Os asturianos tamén sacaron proveito do seu porteiro-xogador, sumando o seu segundo gol da noite minutos máis tarde. Nada que fixera tremer a un Filial que, con fortuna nun disparo desviado á rede por un rival, puxo a puntilla definitiva a oito minutos do final e terminou de debuxar uns fantásticos 19 puntos no casilleiro noiés, que serven para manterse entre os mellores do campionato.
Próximo partido
10ª xornada á vista para os noieses, que visitarán ao Caja Rural Atlético Benavente FS o sábado 15 ás 19:00h.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS “B”: Mosquera (p), Hugo (c), Koeman, Teo e Oliver Chenel. Tamén xogaron Koke (p), Mateo Varela, Brais, Cepeda e Nico Cuello.
Deportivo Laviana FS: Saúl Begega (p), Sergio Martínez, Íñigo Coto, Manel González e Fernando Fernández. Tamén xogaron Alberto Fernández (c), Diego López, Luis Noriega e Pelayo López.
Goles: 1-0 Oliver Chenel (14’), 2-0 Nico Cuello, de penalti (18’), 2-1 Sergio Martínez (19’), 3-1 Koeman (21’), 4-1 Brais (25’), 5-1 Oliver Chenel (29’), 6-1 Koeman (29’), 6-2 Manel González (31’), 7-2 Luis Noriega, en propia portería (32’).
Os árbitros Adrián Figueroa Veiga e Tania María Penabad Canel amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Koeman (15’), Iago López (20’) e Brais (25’). Nos asturianos, amarelas a Manel González (20’) e Sergio Martínez (21’) e viu a vermella directa Pelayo López (18’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 9 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Pavillón Alonso Rodríguez de Noia ante uns 200 espectadores.












Comments