top of page

CRÓNICA X8 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (CRI 6-1 NPA “B”) | Derrota en Segovia


Domingo, 03/11/2024 · 17:45h | O Filial non puido sumar na súa visita a San Cristóbal.


O Noia Portus Apostoli FS “B” regresou de San Cristóbal cunha dura derrota por un amplo marcador de 6-1, no partido da oitava xornada ligueira.


Os locais abriron fenda nos primeiros dez minutos, colocándose 2-0. Canario reduciu distancias para os brancos, incapaces de aproveitar as súas intentonas para alterar un resultado que xa non se movería ata a segunda metade.


Un castigo excesivo


Volverían a aumentar diferenzas os segovianos no 26’ ao aproveitar un erro noiés en saída de presión. Tres minutos máis tarde, nunha curiosa acción, chegaría o 4-1 que complicaba aínda máis ao Filial.


Guille Murillo optaba por introducir o porteiro-xogador, que, falto de fluidez, non serviría para reavivar o duelo. No tramo final, os locais terían o acerto para conseguir dous tantos máis e asinar o definitivo 6-1.


Próximo partido


Os noieses, 11º con 8 puntos, recibirán ao ADAMO Xove FS o domingo 10 ás 12:30h na novena xornada ligueira.


 

Ficha técnica

CD San Cristóbal Automoción Núñez: Alberto Sanz (p), Álvaro de Luis, Álex Velasco, Edu Cubero e Daniel Huertas. Tamén xogaron Víctor Martín (p), Javier de Frutos, Raúl Velasco, Samuel González, César Velasco, Javier Montes e David de Santos.


Noia Portus Apostoli FS “B”: Koke (p), Lucho (c), Jaime Pan, Teo e Canario. Tamén xogaron Fer, Gandoy, Álvaro, Dani Prieto, Izan, Oliver Chenel e Jorge.


Goles: 1-0 Samuel González (7’), 2-0 Raúl Velasco (10’), 2-1 Canario (12’), 3-1 Raúl Velasco (26’), 4-1 Álvaro de Luis (29’), 5-1 Daniel Huertas (36’), 6-1 Raúl Velasco (38’).


Os árbitros Juan Haedo Gago e Adrián Rodríguez Fernández amoestaron con tarxeta amarela nos locais a Edu Cubero (37’) e nos noieses a Lucho (34’), Izan (35’) e Jaime Pan (36’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 8 do Grupo I da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal San Cristóbal.

Commentaires


bottom of page