top of page

CRÓNICA X8 TERCEIRA (BAI 2-5 NPA “B”) | O ritmo continúa

Oito vitorias en oito partidos, 24 puntos de 24 posibles para un Filial que superou ao Baíña FS – Granichan en Gondomar.

O Filial aséntase como líder en solitario

O Noia Portus Apostoli FS “B” engadiu este domingo unha máis ao seu casilleiro de vitorias, que continúa ao 100%, na visita a Gondomar (houbo cambio de pavillón a última hora pola situación climatolóxica adversa), onde superou ao Baíña FS – Granichan por 2-5.

Custoulle once minutos aos noieses derrubar a rochosa barreira defensiva dos amarelos, pero fixérono por duplicado. Primeiro, Álex López cun forte golpeo desde a distancia, e despois Gandoy a pase de Hugo na presión en primeira liña. Sufocou Pau antes do descanso a posible reacción do Baíña, que reducira diferenzas no 15’ nun erro dos brancos, convertendo o 1-3 nunha acción de balón parado.

A estratexia tamén serviu para o 1-4 á volta de vestiarios, anotado por Brais a servizo de Álex López. Pouco tardou Gandoy en facer o quinto, o seu 13º esta temporada que o pon como máximo goleador da Terceira División FS, e que colocaba unha renda practicamente definitiva. Mediado o segundo tempo, os locais conseguirían o último gol do encontro, que só serviría para maquillar o resultado final.

24 puntos de 24 posibles para un Portus Apostoli “B” que é máis líder e mantén as 3 unidades sobre o máis inmediato perseguidor, o Distrito Ventorrillo FS. A vindeira semana, visita o Mourís o Praias de Barreiros CD, na 9ª xornada ligueira.


 
Ficha técnica

Baíña FS – Granichan: Pedro Grandal (p), Rodrigo Bertomeu, Ismael González, Francisco Blanco e Nicolás Otero. Tamén xogaron Brayan Giráldez (p), Diego Miranda, Víctor Sanromán, Sergio Sanromán, Guillermo Balboa e Pere Zamora.

Noia Portus Apostoli FS “B”: Iván (p), Lucho, Jorge, Pau (c) e Dani Prieto. Tamén xogaron Lukas, Gandoy, Brais, Hugo e Álex López.

Goles: 0-1 Álex López (11’), 0-2 Gandoy (11’), 1-2 Rodrigo Bertomeu (15’), 1-3 Pau (17’), 1-4 Brais (23’), 1-5 Gandoy (24’), 2-5 Rodrigo Bertomeu (30’).

Os colexiados David Kumor Otero e Sergio Piñeiro Rivas amoestaron polos locais con cartón amarelo a Rodrigo Bertomeu (17’), Pedro Grandal (19’), Guillermo Balboa (23’) e Sergio Sanromán (25’). Polos visitantes, amarela a Lukas (18’).

Incidencias: partido correspondente á xornada 8 da Terceira División Fútbol Sala, disputado no Municipal de Gondomar, debido á mala condición climatolóxica en Baiona que causou o cambio de escenario do partido.

Commentaires


bottom of page