CRÓNICA X7 PRIMEIRA DIVISIÓN FS (ARN 6–4 NPA) | Escapouse na recta final
- Departamento prensa Noia PA FS 
- 1 day ago
- 3 min read

O Noia Portus Apostoli FS volveu de baleiro do Municipal Ciudad de Tudela por primeira vez na súa historia. Os de David Palmas ben puideron repetir vitoria no feudo tudelano, nun duelo de remontadas e alternativas que caeu do lado local nos últimos minutos.
O empuxe dun necesitado ATP Iluminación Ribera Navarra FS fíxose notar desde o principio. Os laranxas, concienciados neste partido desde hai dúas semanas, buscaron abrir cedo o marcador. Pola súa parte, ao Portus Apostoli, na súa segunda viaxe en apenas uns días, custoulle facer clic no duelo. Aínda así, Diego e Rubi contaron con dúas oportunidades claras ante Raúl Jiménez.

Cando máis igualado estaba o envite, Chino rompeu o empate cun disparo de falta no 16’. O albaceteño dobraría vantaxes apenas dous minutos despois en outro lanzamento de libre directo.
Descontrol e remontadas
O paso por vestiarios revitalizou ao Noia. Os blancos saíron fulgurantes ao segundo tempo, mordendo na presión e circulando rápido a pelota. A fórmula que provocou que, en tan só 7 minutos, o marcador pasara a ser de 2-3. Biel iniciou a conta noiesa a pase de David Pazos aos 31 segundos do reinicio, Malaguti introduciuse en propia meta un disparo de Leozin no 25’ e Churrasco completou a volta á tortilla empuxando ao segundo pau o envío de Macedo.
Os navarros contaxiáronse da vitalidade galega e o partido entrou nunha fase sen lei e con oportunidades para cada un. Aproveitou a súa Eric Pérez para recoller un balón suelto no 30’ e colocar, de novo, as táboas.
Partido novo con dez minutos por xogarse. Calquera golpe podería valer o seu peso en ouro. Nas botas de Biel, previo detalle de calidade de Churrasco, tivo o Noia a súa mellor opción, que acabou perdéndose fóra do marco de Raúl. Tan só un puñado de segundos despois, o ATP Iluminación Ribera Navarra FS penalizou aínda máis convertendo o 4-3 por medio dunha gran definición de Alberto Lahuerta, que batía a Schütt -que disputou o último cuarto do encontro pola lesión de Peixe- co taco.
Con Biel de porteiro-xogador, David Palmas lanzou aos seus xogadores a por todas a falta de catro minutos. Nesas, o primeiro acercamento perigoso os noieses terminaría desembocando nunha recuperación local e o tanto de Terry. O xogador tudelano repitiu no 39’ para, instantes despois, irse expulsado por dobre amarela. Fixo boa a superioridade numérica o Portus Apostoli para materializar o cuarto e definitivo gol, de Rubi, a sete segundos do final.
Non pudo ser a cuarta victoria seguida en Tudela para un Noia que, despois de superar as adversidades e a diferenza doutros días, non estivo o suficientemente acertado nos detalles que marcan partidos como estes.
Próximo partido
O blancos recibirán ao Servigroup Peñíscola FS o vindeiro sábado 1 de novembro ás 20:00h pola xornada 8 de Primeira División FS.
Ficha técnica
ATP Iluminación Ribera Navarra FS: Raúl Jiménez (p), Mykytiuk, João Batista, Terry e Alberto Lahuerta. Tamén xogaron David García (c), Chino, Pablo Otero, Eric Pérez, Malaguti e Fabinho.
Noia Portus Apostoli FS: Peixe (p), Churrasco, Rubi, David Pazos (c) e Biel. Tamén xogaron Schütt (p), Montero, Altamirano, Varsalona, Leozin, Macedo, Diego, Thierry e Ismael.
Goles: 1-0 Chino (16’), 2-0 Chino (18’), 2-1 Biel (21’), 2-2 Malaguti, en propia portería (25’), 2-3 Churrasco (27’), 3-3 Eric Pérrez (30’), 4-3 Alberto Lahuerta (35’), 5-3 Terry (37’), 6-3 Terry (39’), 6-4 Rubi (40’).
Os árbitros Alberto Sarabia Eguiluz (comité rioxano) e Antonio Pablo Navarro Rodríguez-Villán (comité castelán-leonés) amoestaron con tarxeta amarela nos tudelanos a David García (19’) e Terry (39’ e 40’). E nlos noieses, amarelas a Montero (16’) e Ismael (18’).
Incidencias: partido correspondiente a la jornada 7 de la Primera División FS FS, disputado en el Municipal Ciudad de Tudela ante unos 1.000 espectadores.












Comments