
Luns, 21/10/2024 · 21:15h | Dous goles e unha expulsión no último tramo do acto inicial apartaron ao Filial de sumar en Alba de Tormes.
Abultada derrota do Filial noiés na súa visita a Alba de Tormes, onde o Piensos Durán Albense FS soubo aproveitar os erros dos brancos, excesivamente penalizados no resultado final de 7-3.
Jorge Blázquez desnivelou no minuto 4 un partido que, polo que se vía na pista, estaba sendo moi equilibrado. Os filialistas non foron capaces de materializar as súas chegadas, e o cadro local demostrou a súa condición de equipo da zona alta colocando outro gol de vantaxe en acción de estratexia.
O marcador non sorría, pero o Filial continuaba dentro do partido. Polo menos ata un par de minutos decisivos bordeando o descanso, nos que dous erros que acabaron en tantos en contra e unha protestada expulsión a Jorge lastraron fatalmente aos brancos.
Sen marxe de reacción
Catro goles abaixo e cun menos comezaron o segundo tempo os de Guille Murillo, que resistiron a inferioridade numérica pero recibiron no 27’ coa quinta diana local un golpe máis. Aínda co marcador moi en contra, os filialistas non baixaban os brazos. Izan reduciu diferenzas e, a continuación, Jaime Pan estrelou un balón ao pau, nunha xogada que puido alterar o partido de finalizar dentro das mallas.
Do 5-1, o Portus Apostoli “B” logrou pasar ao 6-3, después de que Canario respondera cun dobrete ao sexto tanto local. Porén, xa era demasiado tarde, e o Piensos Durán Albense FS tivo tempo de colocar un sétimo e definitivo gol á súa conta para debuxar un 7-3 que penalizou demasiado os erros dun Filial que deu a cara ante un dos favoritos ao título.
Próximo partido
Os de Guille Murillo, 7º con 8 puntos, recibirán ao Caja Rural Atlético Benavente o domingo 27 ás 17:00h na xornada 7 ligueira.
Ficha técnica
Piensos Durán Albense FS: Carlos Tejedor (p) (c), Dani Álvarez, Jorge Blázquez, Dani Angus e Marcos Martín. Tamén xogaron Marcos Hernández (p), Alvarito, Jesús, Adriá, Sergio Sánchez, Álex Resta e Alejandro Cabello.
Noia Portus Apostoli FS “B”: Pablo (p), Izan, Teo, Jaime Pan e Canario. Tamén xogaron Koke (p), Lucho (c), Gandoy, Brais, Dani Prieto, Hugo, Iago López e Jorge.
Goles: 1-0 Jorge Blázquez (4’), 2-0 Alvarito (13’), 3-0 Adriá (18’), 4-0 Alvarito (19’), 5-0 Marcos Martín (27’), 5-1 Izan (28’), 6-1 Alvarito (31’), 6-2 Canario (32’), 6-3 Canario (38’), 7-3 Jorge Blázquez (39’).
Os colexiados Paula Álvarez Nogueiro e Daniel de la Torre Escribano amoestaron con tarxeta amarela nos locais a Adriá (19’). Polos noieses, amarelas a Jaime Pan (31’) e Iago López (39’). Viu a vermella directa Jorge (19’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 6 do Grupo I da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal de Alba de Tormes.
Kommentare