
Luns, 14/10/2024 · 13:15h · Imaxe (de arquivo): Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses souberon lograr a súa cuarta vitoria en cinco partidos nun contexto de partido difícil.
O Xuvenil de División de Honra resolveu con sobriedade o seu partido en O Palomar de Lugo, conseguindo superar a resistencia do Sibuscascoche Ribeira FS para levar o triunfo por 1-4.
Evitar pantasmas da súa última salida, na que caeron a mans do FS Salamanca Ecotisa, era o primeiro obxectivo dos noieses, nun contexto de encontro similar. Lográrono en instancia inicial cando, no minuto 13, o gol de Oliver Chenel rompía a forte defensa local e poñía a primeira vantaxe do partido do seu lado.
Un par de minutos para decantalo
O puntiño de tranquilidade que buscaban os brancos chegou xa na segunda metade, con dous tantos en dous minutos, obra de Oliver Chenel e Brais, que respondían ao claro dominio noiés.
Antes de alcanzar o ecuador da reanudación, Daniel López reduciu diferenzas para os ribeiregos, pero sería insuficiente ante un Portus Apostoli que non deixaría escapar a victoria e incluso aumentaría a renda, coa definitiva diana de Gabi no 36’.
Próximo partido
Os de Daniel Ventoso, que se sitúan como colíderes con 12 puntos xunto ao 5 Coruña FS, recibirán na 6ª xornada ligueira esta próxima fin de semana ao Valladolid Tierno Galván AGROCESA.
Ficha técnica
Sibuscascoche Ribeira FS: Cristian Giraldo (p), Xabier García, Mateo López, Adrián López e Daniel López. Tamén xogaron Pablo Dorado (p), Alejandro Prado, Roberto Barreto, Álvaro Arias e Miguel López.
Noia Portus Apostoli FS: Lucas (p), Saúl, Xavi Souto, Álvaro e Oliver Chenel. Tamén xogaron Koke (p), Sito (c), Mateo Varela, César, Brais, Gabi, Iago López, Hugo Veiga e Danito.
Goles: 0-1 Oliver Chenel (13’), 0-2 Oliver Chenel (24’), 0-3 Brais (25’), 1-3 Daniel López (29’), 1-4 Gabi (36’).
Os colexiados Adrián Figueroa Veiga e Yago Seijas Piñeiro non realizaron ningunha amoestación.
Incidencias: partido correspondente á xornada 5 da Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal O Palomar de Lugo.
Comments